Vigo Emerxe
Doce bandas e artistas vigueses daranse cita o vindeiro 28 de setembro no marco de Vigo Emerxe, un gran concerto promovido pola Xunta no Museo do Mar de Galicia co obxectivo de poñer en valor a escena musical da cidade.
Máis de seis horas de música, que arrancará ás 18,00 horas, e repartidas por dous escenarios do Museo do Mar: un situado no exterior, na zona do aparcamento; e outro no interior do inmoble, na sala de exposicións temporais.
ESCENARIO APARCAMENTO (XARDÍNS DO MUSEO)
- Santi Araujo: 18.00 horas
- Maryland: 19.30 horas
- Basanta: 21.30 horas
- Soul Jacket: 23.30 horas
ESCENARIO SALA DE EXPOSICIÓNS TEMPORAIS
- Babykatze: 18.45 horas
- BFlecha: 20.15 horas
- r.e.a.l.: 22.00 horas
- Kaixo: 24.00 horas
SESIÓN ESPECIAL SALA DE CURIOSIDADES CIENTÍFICAS
- Nicolás Pastoriza: 19.15 horas
SESIÓN VJS FACHADA DO MUSEO
- Laura Iturralde e Juanma Lodo: de 21.00 horas a peche
As actuacións rematarán ao fío da madrugada e a entrada será de balde ata completar aforo sen necesidade de realizar reserva previa.
Durante o evento, varios artistas convidados actuarán e intervirán nos interiores e exteriores do Museo.
- Nicolás Pastoriza: sesión especial ás 19.15 horas na Sala de curiosidades científicas do Museo do Mar de Galicia.
- Laura Iturralde e Juanma Lodo: vídeo proxeccións na fachada principal do Museo do Mar de Galicia.
- Pablo Novoa: colaboración especial con Soul Jacket.
- Alejandra Montemayor: instalación de luz no xardín.