VAI DE CAMIÑO: MUSICAS DE TRAXE
CLIENTE: XUNTA DE GALICIA
DATA: VERÁN 2009
COMISARIADO: SINSALAUDIO
CONCEPTO: Ciclo de concertos para o Festival Vai de Camiño.
A visualización do son foi unha das grandes reflexións dende que o home, a finais do século XIX, inventara o rexistro sonoro. O musicólogo Richard Leppert en The Sight of Sound afirmaba: “Precisamente porque o son musical é abstracto, intanxible e etéreo, a experiencia visual da súa produción é vital”. Durante anos os intentos de poñer imaxes ao son foron moi variados, pero todos buscaban levar o rexistro sonoro á experiencia visual da música en vivo, onde o ouvinte se enriquece coa presenza física dos artistas, o escenario, os instrumentos, etc.
A IDEA:
Recopilando estos conceptos, SINSALaudio crea un ciclo de concertos denominado Músicas de Traxe no que algúns espazos selecionados en todo o país son vestidos por unha montaxe audiovisual. Esta intervención estaría dirixida en dous sentidos: a visual, marcada pola dobre
composición das imaxes entre o espazo físico e as proxecións, e a acústica, que sería aportada polos músicos.
PROGRAMACIÓN:
_Trío Vaamonde: 9 de xullo en Guitiriz
_Emilio Rúa: 11 de xullo en Palas de Rei
_Alóu Irmao: 2 de agosto en Vilagarcía de Arousa
_Rosa Cedrón: 10 de agosto en CEE
_Victor Aneiros: 13 de agosto en Miño
_Uxía:15 de agosto na Pobra do Caramiñal