SINSALAUDIO / Actualidade

Ulver na Cidade da Cultura de Galicia (Ruido de Fondo)

25 de Novembro de 2011

CLIENTE: CIDADE DA CULTURA DE GALICIA
FECHA: 21 de novembro, 2011
COMISARIADO: SINSALAUDIO
CONCEPTO: concerto dentro do ciclo Ruído de Fondo.


Nados na onda black metal do seu país, Ulver é un referente de culto pola súa experimentación continua ao longo das súas case dúas décadas de vida. Os temas do seu último disco I had too Much to Dream Last (2009) centrarán unha actuación na que tamén haberá oco para repasar a súa dilatada traxectoria.

O concerto celebrouse nun espazo inusual do complexo deseñado por Peter Eisenman: a galería de servizos subterránea da Cidade da Cultura, que conecta os diferentes edificios construídos no Gaiás. Un espazo que, máis alá da súa función práctica, presenta unha estética vangardista que encaixa á perfección coa imaxe da banda. 

O concerto de Ulver vén a complementar o programa de Ruído de Fondo, ciclo dedicado á arte sonora que trouxo ata a Cidade da Cultura a grupos tan relevantes como New Age ou Emeralds. O vindeiro concerto terá lugar, precisamente, este martes 25 de outubro no auditorio da Biblioteca de Galicia, onde Doravideo ofrecerá un espectáculo único, no que a batería interactúa con sons orixinais e vídeo loops. Ruído de Fondo contará en decembro cunha clausura de luxo a cargo da artista Alyce Santoro, que presentará un traxe sonoro confeccionado co material enviado por músicos e deseñadores galegos. A colección presentarase en decembro nunha intervención multidisciplinar que inclúe música en directo e danza.