SINSALAUDIO NA XORNADA MULLERES E MÚSICA
Promovida por Cultura da Deputación da Coruña, convida á participación con concertos, mesas redondas e encontros con artistas e profesionais para abordar o traballo das mulleres na música.
Unha xornada, a do sábado 19 de maio, para revisar datos e cuestionar estereotipos acompañadas dunha audiencia interesada en abordar o feito musical hoxe en día desde unha óptica feminista e cun destacado conxunto de profesionais da música coas que percorrer prácticas e estratexias. Máis de vinte persoas convidadas, entre artistas, produtoras, xornalistas, programadoras. Conversas sobre o escenario, mesas redondas, presentacións e música en directo con tres concertos: Mounqup, Naima Acuña Trío e Cora Novoa DJ Set. Unha xornada de celebración e reflexión nun momento no que se abren debates globais até agora inéditos no sector.
Programa Mulleres e Música sábado 19/05/2018
Sesión mañá. Hall do Teatro Colón
11.h. Acto apertura
11:30. Killing me softly (Matándome suavemente)
Mesa redonda con:
Lorena López Cobas (profesora e investigadora da USC, autora Historia da Música en Galicia),
Julio Gómez (codirector Festival Sinsal Son Estrella Galicia)
Guadi Galego (Artista).
Presenta e modera: Diana López Varela (Periodista e autora de No es país para coños)
12:30. AGPXC e Mujeres en la Industria de la Música (MIM): Cara ás lentes violetas na música.
13:00: Vivir na Coruña. Directo con Mounqup.
Sesión tarde. Sala Teatro Colón
17h. Moita pista por gastar. Encontro aberto con Ses. Presenta e pregunta:Teresa Cuíñas (xornalista)
18: 15. Cando a vida che dá un martelo. Panal de experiencias con:
Tamara Rodríguez (Mujeres en la Industria de la Música MIM).
Cecilia Carballido (Produtora)
Yolanda Villa (xerente Sala de Concertos Mardi Grass)
Mar Catarina (responsable do selo Prenom)
MJ Pérez (Cantante e guitarrista)
Presenta e guía: Marta García Márquez (Xornalista de El Ideal Gallego)
20:30 h. Jazz: estéreo-tipas. Naima Acuña Trío en concerto
Naima Acuña (batería)
Paco Charlín (contrabaixo)
Xan Campos (piano).
21:30. Ábrese o pano…e aparece a DJ! Con Cora Novoa DJ Set. Remate da xornada: 22:30h
Coordinación xornada: Arancha Estévez e Rosa Salgado