Sinsal é Normal: programa segunda semana (1)
_5 de novembro ás 19.30 h. ESPAZO ESCRITORIO: David Saavedra + Javier Becerra. Debate sobre música e prensa.
Escribir sobre música é o título desta conversa que reunirá aos xornalistas musicais David Saavedra e Javier Becerra no espazo de debate do Festival SINSAL é NORMAL.
David Saavedra (Santiago de Compostela, 1971) é sociólogo e xornalista musical. Pasou pola redacción do extinto Diario 16 e actualmente traballa como freelance, con base en Madrid, para La Luna de Metrópoli, Rockdelux, Vodafone Music Blog, notodo.com e numerocero.es, entre outros medios especializados. Na rede mantén a bitácora Perdiendo mi eje.
Javier Becerra é licenciado en Dereito e redactor de La Voz de Galicia e dos programas Xente Emerxente e V Clips do canal V Televisión. No campo da crítica musical, fundou e codirixiu o magazine en liña www.feedback-zine.com e colaborou na revista especializada Ruta 66. Na rede mantén o blogRetroalimentación, aloxado pola cabeceira xeneralista da Coruña.
Coordina o xornalista Iago Martínez. Colabora Espacio SIRVENT
A entrada é libre até completar aforamento.
_7 de Novebro ás 19.30h. ESPAZO ESCRITORIO: Mario Regueira + Xesús Fraga. Debate literatura e música.
Mario Regueira e Xesús Fraga disertarán sobre A música na literatura galega, nunha nova sesión do ESPAZO ESCRITORIO.
Mario Regueira (Ferrol, 1979). Filólogo e escritor. Como narrador, ten publicado Rebelión no inverno (Xerais, 2004), L’affiche rouge (Xerais, 2007) e Outono aquí (Sotelo Blanco, 2012). Como poeta, Tanxerina (Espiral Maior, 2006), Blues da crecente (Espiral Maior, 2009) e O silencio (Xerais, 2012). Tamén é autor do ensaio Lois Pereiro. Unha persecución (2.0 Editora, 2011).
Xesús Fraga (Londres, 1971). Xornalista de La Voz de Galicia, tradutor e escritor. Como narrador ten publicado Tute para catro (2000), A-Z (2003) e Solimán (2004). Súas son tamén as versións galegas de Arthur & George, de Julian Barnes, e Lolita, de Nabokov, entre outras. En 2011 publicou 50 recetas con moras y otros frutos silvestres (Alvarellos Editora).
Coordina o xornalista Iago Martínez. Colabora Espacio SIRVENT.
A entrada é libre até completar aforamento.
_8 de novembro ás 20.30 h. ESPAZO LABORATORIO: laboratorio de Fotografía con Víctor E. Pérez + concerto experimental de Roberto Mallo
A música de Roberto Mallo acompañará o proceso de revelado de vellas fotografías en branco e negro nesta nova xornada do ESPAZO LABORATORIO.
Roberto Mallo. Músico experimental, interesado na improvisación e nos procesos de realimentación e a reapropiación de excedentes da sociedade de consumo, sexa co saxofón ou con dispositivos electrónicos. Como técnico é tamén responsable do son rexistrado de bandas como Srasrsra, Tora! Tora! Tora!, Trajano, Los Televisores ou Franc3s.
A entrada é libre até completar aforamento.
_9 de novembro ás 19.30 h. ESCOLA SINSAL: conferencia Anki Toner + Julio Gómez sobre a exposición “O Disco É Normal”
A ESCOLA SINSAL abre as súas portas cunha conferencia sobre a exposición O disco é NORMAL a cargo de dous expertos estudosos da música e os sons.
Anki Toner (Barcelona) é un polifacético músico e estudoso da relación entre música e propiedade intelectual. Foi cantante, harmónica e letrista de Superelvis. Actualmente é cantante do grupo de rock electrónico Ankitoner Metamars e único membro do proxecto File Under Toner, co que explora os límites da razón na música e onde desenvolveu un live act a partir do cd This Is The End, Beautiful Friend (Hazard Records, 2008), que foi censurado por “problemas co contido” a pesar de estar feito de silencios.
Julio Gómez (Vigo) é coordinador do Festival Sinsal, produtor cultural de Sinsalaudio e investigador sonoro co colectivo Escoitar.org. Tamén é o responsable dos contidos da Escola Sinsal e SOSOaudio, o selo discográfico galego especializado na recuperación de formatos sonoros do pasado.
A entrada é libre até completar aforamento.