SINSALAUDIO / Actualidade

Participa na MEMORIA MUSICAL DE VIGO

1 de Novembro de 2010

O próximo ano 2011 celebrarase o Ano Internacional da Música. Por este motivo, o Museo Verbum, Casa das Palabras de Vigo, e o Festival Sinsal están organizando unha exposición sobre a “Memoria Musical de Vigo”.

Desde o mes de novembro e ata mediados de xaneiro do 2011, un equipo de SINSALaudio estará gravando, a pé de campo, as respostas dos participantes a unha pregunta sinxela: que canción, melodía, sintonía de radio ou televisión, banda sonora, etc., ten para vostede un significado especial e por que?

Se queres colaborar nesta exposición ponte en contacto connosco e pasaremos persoalmente a recoller as túas impresións. Ou tamén, podes enviarnos a túa resposta en mp3 ao noso correo indicando na gravación o teu nome e primeiro apelido.

O ámbito de traballo da enquisa está localizado na cidade de Vigo a todas aquelas persoas que residan na actualidade ou que naceran no concello.

Colabora e axúdanos a recoller o maior número de documentos sonoros posibles. Intentaremos deixar para a posteridade unha obra colectiva de gran interese sociolóxico e histórico. Anímate!!!