MONUMENTA 2014
MONUMENTA convídanos a coñecer e gozar o noso patrimonio restaurado. Música, obradoiros, paseos, visitas guiadas e faladoiros que permiten achegarse, dun xeito lúdico e compartido, ás intervencións realizadas en diferentes bens culturais do territorio galego: igrexas, pazos, xacementos arqueolóxicos, mosteiros etc.
Nas actividades de MONUMENTA a participación veciñal é un elemento central. Conta, ademais, cunha programación pedagóxica co alumnado dos centros educativos das áreas nas que se atopan os bens restaurados. Os nenos e nenas participantes son tamén portadores dunha historia propia e as súas investigacións e reflexións estarán tamén presentes en cada localidade. MONUMENTA é unha programación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para difundir e contribuír á valoración colectiva do patrimonio cultural galego.
Decote isto acontece tamén co traballo creativo dos que temos máis preto ou dos que con naturalidade desenvolven os seus saberes artísticos ao longo da nosa xeografía: músicos, contadores de historias etc. Esta beleza e creatividade que nos é cotiá é parte da nosa riqueza colectiva e facérmonos consciente do seu valor, do seu engado, da súa forza expresiva, é imprescindible para o noso ben colectivo.