SINSALAUDIO / Actualidade

Memoria Sinsal é Normal: segunda semana

12 de Novembro de 2012

_5 Nov, 19:30 // ESPAZO ESCRITORIO: David Saavedra + Javier Becerra

Escribir sobre música é o título desta conversa que reunirá aos xornalistas musicais David Saavedra e Javier Becerra no espazo de debate do Festival SINSAL é NORMAL.

_7 Nov, 19:30 // ESPAZO ESCRITORIO: Mario Regueira + Xesús Fraga

Mario Regueira e Xesús Fraga disertarán sobre A música na literatura galega, nunha nova sesión do ESPAZO ESCRITORIO.

_8 Nov, 20:30 // ESPAZO LABORATORIO: laboratorio de Fotografía + Roberto Mallo

A música de Roberto Mallo acompañará o proceso de revelado de vellas fotografías en branco e negro nesta nova xornada do ESPAZO LABORATORIO.

_9 Nov, 19:30 // ESCOLA SINSAL: conferencia Anki Toner + Julio Gómez

A ESCOLA SINSAL abre as súas portas cunha conferencia sobre a exposición O disco é NORMAL a cargo de dous expertos estudosos da música e os sons.


_10 Nov, 11.30 // ESCOLA SINSAL: obradoiro familiar sobre a música enlatada

Xa pasou máis dun século dende que o ser humano escoitou por primeira vez a súa voz saíndo dun cilindro de cera. Moitas cousas pasaron dende entón, e todas elas van ser contadas no obradoiro familiar Historia da Música Enlatada.


_10 Nov, 20.30 // CLUB SINSAL: MÚSICA INTERNACIONAL a cargo de Michel Cloup (Dúo)

O artista francés Michel Cloup (Experience) estrea o periplo internacional do Festival SINSAL é NORMAL cunha actuación no CLUB SINSAL.