SINSALAUDIO / Actualidade

Joanna Newsom en galego

25 de Xaneiro de 2011

Fecha: 22 de enero
Lugar: Centro Cultural Nova CaixaGalicia. Vigo
Público: 570 personas
Fotografías: Olalla Lojo (fotógrafa oficial Festival Sinsal)
Traducciones: Sabela González Panizo

The Book of Right On (O libro do acertado)

Deberiamos proxectar unha luz
unha luz
e o libro do acertado está no certo
Estaba no certo

Deberiamos proxectar unha luz
unha luz
e o libro do acertado está no certo
Estaba no certo

Matei a miña cea con karate
Patada na cara, saborear o corpo
Traballo superficial, ese é o traballo que fago

Queres sentar á miña mesa?
A miña fama de guerreira é lendaria
e por fortuna podo e son capaz

E ti dis, oh
que rezas, oh oh
e dis
que estás ben
E queres correr coa miña carga?
E queres montar ás miñas costas?
Reza por que a túa carencia non distraia

E mesmo cando destrúes a miña mente
hai algo á fronte, ti estás atrás
e non teño que lembrarche
que quedes canda os teus

E ti dis, oh oh
que rezas, oh oh
e dis
que estás ben

E mesmo cando tocas a miña cara
sabes cal é o teu sitio

E mesmo cando tocas a miña cara
sabes cal é o teu sitio

Deberiamos proxectar unha luz
unha luz
e o libro do acertado está no certo
Estaba no certo

Deberiamos proxectar unha luz
unha luz
e o libro do acertado está no certo
Estaba no certo

Peach, Plum, Pear (Pexego, ameixa, pera)

Falamos na tenda
eu estou perrenchuda
ti parécelo aínda máis
e eu transpiro sorpresa

Pero xa é abondo tarde
e ti estás de camiño
O dourado tornou gris
e eu de súpeto estou tímida

As fulanas que se xuntan
permítense ser esixentes
e con espirros misteriosos
divídense na escuridade

E eu lin o libro necesario
para interpretar a túa ollada
Estábasme a derribar
coa palma do ollo

Isto non se parecía á historia
tal e como se escribira
Eu cabalgaba sobre ela
cando de sempre ela cabalgara sobre min

Galopabamos frenéticas
cara á boca do manantial
Tragabamos pánico
fronte á súa forza

E estou triste
Estou triste e mal
Fixeches que me desbocase coma unha besta

Agora xa está
Olla como marcha
Cambiaches tanto
Corre a auga da neve

Son ben querida?
Son pouco común?
Cambiaches tanto
Pexego, ameixa, pera
Pexego, ameixa

Have One On Me (Toma unha por min)

Dende o patio, flotei dentro
e observei como baixaba
Oín caer a cunca,
pensei “Ben,
para iso as teñen ahí”

O canalla sentou, con forza,
agora sen cabeza,
e sentinme tan mal,
porque non sabía
como sentirme abondo mal
para que estivese orgulloso.
Para cando leas isto,
estarei tan lonxe

Papaíño Pernaslongas, como pode ser
que se supoña que debo quedar?
Pola noite…
pola noite, poida que me oias chamarte

Pa, deixa a túa man
e ármate de valor
Queda onde estás,
tan longo e alto
E velaquí Lola… tachán!

Para bailarche o seu famoso Baile de Araña!
Alumade os petos!
Axita as súas saias e marcha,, aló,
unha berrona millonaria de seis patas
cunha praga nos ollos.

Señorita Montez,
Condesa de Lansfeld,
solicitada polo Rei de Bavaria,
dicindo, “Meu papaíño,
se es meu amigo…
señor papaíño pernaslongas, estano facendo outra vez!…

Podo verte?”
Pobre Lola! Montura dunha tarántula
fermoso sostén
da Condesa Lansfeld,
mentres todos a aclaman
E o vello rei caeu en desgraza,
mentres Lola fuxía
para gardar as apariencias, salvar a súa carreira

Cazaches unha mosca que pasaba flotando,
agarda a que afogue no pó,
a que afogue no pó de outras moscas,
co cal funciona a máquina
e se fan as cousas

No ceo non hai palabras
para definis como tratastes, ti e os teus amigos,
ao pobre Louis.

Que Deus salve a túa pobre alma, Lola
(Pero non hai cousa que adore máis
ca o negro corazón desa puta)
Iso debe gañarlle a todo!

Señorita Gilbert,
chamada a Castlemaine
polo dólar prateado e a purpurina dourada!

Ben, eu vin moito,
pero nunca, nin nun millón de anos,
pensei que a vería vostede, aquí.
Aínda que a longa estrada
comeza e remata contigo,
parece que non sei compensarcho,

Louis
Cando saímos,
Seguro que te ven canda min
Pola noite, camiño polo parque
cun látego,
entre as liñas
dos murmurantes xesuítas
que te envelenan contra min

Hai unha araña negra e grande
pendurada sobre a miña porta
Xa non podo ir a ningún sitio, nunca máis
Dime, estás canda min?

Chameite, varias veces,
mentres o cambio sucedía
e logo chegaba, toda a noite,
e morrín

Pero todas estas cancións
cando ti e eu xa non estemos
seguirán
Lama no teu ollo

Pediches a miña man,
contrataches un grupo
“No teu corazón está todo o que precisas,
pide e recibirás”, din

Lancei o meu ramo
e mateinos do golpe
Botella de viño, botella de tinto
Indefensa coma unha nena,
cando me apertaches nos teus brazos
e souben que ninguén
me podería querer como ti querías

Pero axúdame! Marcho!
Lembro todo,
mesmo o son do teu afeitado…
o raspado da coitela,
o pelo negro, debidamente corroido
que quedaba cando te aferrabas a min,
esa noite que subín as escaleiras, medio morta,
e ti, tan amable,
puxéchesme directa
na lacena,
cunha botella de champán,
e logo, máis tarde, nun tren.

Fóra estaba escuro, eu estaba medio morta
Vin unha estrela caer do ceo,
coma un anaco de carbón guindado,
coma se Deus cuspise
tal unha rata acurralada

De veras quero que o fagas por min,
tomarás unha por min?
Estaba escuro, eu estaba bébeda e medio morta,

E durmimos, golpeando as testas,
agardando espertos no aire que fumegaba estrelas,
golpeando as testas coma boias

Non te preocupes por min!
Toma unha por min!
Mentres, eu erguerei a miña copa
e brindarei por como me fixeches fugaz
e prescindible,
e beberei pola túa excelente saúde
e a túa crueldade

Tomarás unha por min?
… indefensa coma unha nena,
cando me apertaches nos teus brazos
e souben que ninguén
me podería querer…

Dende o patio, flotei dentro
e observei como baixaba
Oín caer a cunca,
pensei “Ben,
para iso as teñen ahí”

O canalla sentou, con forza,
agora sen cabeza,
e sentinme tan mal,
porque non sabía
como sentirme abondo mal
para que estivese orgulloso.

E ben, papaíño pernaslongas, estalo?
Papaíño pernaslongas, estalo?
Papaíño pernas longas, estás orgulloso?

Good Intentions Paving Company (Empresa de asfaltado Boas Intencións)
_
_

Faltan vinte millas para o espectáculo
Ola, meu país, ola
As estrelas están comezando a aparecer
e eu nunca na vida estivera aquí
e é o meu corazón, non eu, quen non sabe conducir

A que conclusión chegaches
ao verme aquí sentada, toda erguida, chorando
sen motivo ante o ceo do leste
e a inclinación desta estraña nación
e a vontade de perdurar no tempo
ondeando a bandeira
sentíndoa arrastrar

Coma un vulto nun vulto nun tronco, meu rei
Coma se pelexase a puñadas coa néboa, meu rei
Paso, apoio, cambio e unha pirueta
E arrepíntome, arrepíntome
de como che dixen “cariño, ti abre o corazón”
cando a min me costa mesmo abrir un frasco de mel

E aí é onde estamos…
Estiven confesando o doble de rápido
preguntando o que ninguén preguntou
Sacarei por fin esta ledicia do peito
e amareite ata ben pasado o ruído

E non quería berrar, só conducir
Sácanos, mortos ou vivos
Unha estrada longa de máis, meu deus, é para vela!
Pavimentada pola empresa de asfaltado boas intencións
ao longo do camiño cara á cousa á que xogamos, querido

Vexo que levas o sombreiro de quedar, querido
Por agora, todo vai ben
Quereríaresme un feitizo?
Esta é unha cegueira alén do imaxinable
Ás nosas cosas, a estrada marcha, si, marcha
e retrocede
coma unha corda afrouxada

E á primeira xa vin que era empinada
pero quedei namorada de ti, meu rei, é tan fácil como quedar durmida
e velaí o rumbo que sigo…
E tanto ten canto se fale
nada suaviza a caída
Pero, coma despois da choiva, aparta
do saínte, é todo

O son foi agradable
cando chamou a discográfica
así que cun clásico ton
cantei asinado, selado, entregado

E hai indecisión
e sempre queda aí
sobre ti, sobre min
e o resto do grupo

E cando chega a calma
sinto que vexo todo
e estou namorada da percha
da que todos penduran
E sei que querías amosar ata que punto
che importa un pemento
Ías de moi quente a moi frío, pero convencíchesme

Síntome coma na casa nesa gama
E de veras odio rendirme
aquí, cando mellor estou xogando
despois de intentar con todo o corazón e toda a alma
quedar aquí mesmo, no carril dereito

Pero podo facerte sentir acabado, vello
Señor, sabes que é unha pena
Porque todo o que quero é que pares e me apertes
ata que non lembre o meu propio nome.

Soft as Chalk (Rumor de xiz)

Hai moito, moito tempo,
e moi lonxe,
cando o Tempo só era a excusa
que me dabas
cando querías quedar,
falábamos,
nun rumor de xiz,
ata a mañá, pálida coma unha perla:

Tempo non!
Non, tempo, non!
Agora, teño teño todo o tempo
do mundo
Di, amor, pertencíasme?
Dime, amor,
tiñas o corazón tranquilo cando
todos os paxaros nos ouveaban
unha canción sobre o atroz caos
do amor?

Di, amor, pertencíasme?
Dime, amor, aprobei o exame?
Eu xazo, queda coma a morte, ata o amencer,
sobre o cal fun dar
arrincada do atroz caos.
Deambulo polo coidado terreo
do meu murcho sanatorio

Sen abrigo, sento
entre as toupas, á deriva
e adoro ao meu piñeiro
E a luz, a través dos piñeiros,
en liñas cobrizas,
cae sobre min, tenue coma o ron
espesa coma caramelo

E así, para o tempo
E así, meu corazón, vén mañá
Síntote, apoiado,
de volta cos grilos, fóra,
leal corazón que marca a prontitude,
oscuridade:
esta noite, aínda,
os paxaros
chamarannos coa súa canción
do inacabado caos do amor
mentres, unha e outra vez
- anóxate! marcha! queda!-
intentando tantealo,
ou averiguar as razóns,
durmo coma un soldado, sen descanso

Pero non hai traizón,
onde só hai caos
Na derradeira semana
do último ano era consciente,
disparei a cegas, a través do regato,
ao oso negro,
cando me espertou na noite
e me deixou amedrentada coa miña luz,
berrando

Quen anda aí?
Quen anda aí?
Quen anda aí?
Ollei como durmías,
repetindo a miña pregaria
(Dálle un empurronciño ao amor
E convértese en terror)

Agora chamo,
cunha tristura alén da ira
e alén do medo
Quen anda aí? Quen anda aí?
Quen anda aí?
Ollo con odio e asinto,
coma o personaxe, Deus,
botándose sobre
as casas e os xardíns

Eu sabía poucas cousas,
pero, meu rei, eras ti,
e, meu rei, agora hai moito que se foi
Cariño, no teu feliz e novo comezo
- de volta, tras un outeiro e unha braña
e unha ou dúas fronteiras estatais-
estarei pensando en ti

Si, estarei pensando,
e desexándoche o mellor
Aterramos, estou en pé,
pero agardo polo son da campá
Teño que coller un taxi,
e as miñas maletas están na cinta
E entón –Deus, só entón-
só o tempo dirá.

Baby Birch (Pequeno Bidueiro)

Esta é a canción para o Pequeno Bidueiro
Nunca te coñecerei
E tras todo o que fixemos,
está o feito de saber que estás aí

Oxalá puidésemos tomar todos os camiños
Podería estar un cento de anos
adorándote
Si, oxalá puidésemos tomar todos os camiños,
porque odiei ter que pecharche
a porta

Lembras estar ollando
as estrelas no alto,
tan lonxe, nos seus coches blindados?
Oíamos a apurada, lenta entrada
da auga tan escura,
e motor rachou
e eu dixen

E se rompe o motor?
Se morro antes de espertar,
estarás pendente do Pequeno Bidueiro?
Porque odiaría ver
que comete os mesmos erros

Cando estaba escuro,
chameite e viñeches
Cando estaba escuro, vin formas
Cando vexo as estrelas, sinto, na túa man,
e vexo as estrelas,
e tambaléome, outra vez.

Apiádate de min. Estarei condeada
Pasou moito, moito tempo
dende a última vez que te vin
E nunca souben cal era o plan
Pasou moito, moito tempo
Como estás?

Os teus ollos son verdes. O teu cabelo, dourado
O teu cabelo é negro. Os teus ollos, azuis
Pechei filas, volvín atrás…
pero, sabes, odio pecharche
a porta

Paseamos polo lago
Oe a oca,
maldicíndome polo dos seus ovos
Miña pobre primiña
Non quero a túa escoria
(un bebeciño alboroteando nas miñas pernas)
Hai un ferreiro,
e hai un pastor,
e hai un carniceiro,
e hai un barbeiro que corta
e corta a miña única alegría

Vin unha coella
espelido coma unha navalla,
pálido coma unha candea,
e pensei que custaría máis,
pero collina e esfoleina rápido,
suxeiteina,
mentres patexaba e chorimicaba,
estirada, desenroscada, esquecida e triste,
díxenlle “vaias onde vaias,
coelliña fuxitiva,
atopareite”

E logo correu,
como se supón que ten que facer.
Queda en paz, pequena, e marcha.

Monkey & Bear (Mono & Osa)

Alí abaixo, na herba
onde adoitan deitarse o mono e o oso
espertaron polo berro do mozo da corte

Dixo, que alguén veña rápido!
Os cabalos andan soltos, enfermaron pola herba!
Irán a pique! De certo morrerán

Que se coñece agora por acedeira e roán?
Xunto ao castiñeiro e o cabalo acastañado e o gris castrado?
É así: queda onda a porta que che dan
e queda no teu sitio, a túa tempada
E os sobrealimentados morreran pero escoitaron
ao alto valado, sentido de cabalo, sabedoría…

Oíches iso, Osa? Dixo mono
Sairemos de aquí, con todas as da lei,
deixaron a porta aberta de par en par!

Así que
miña moza
aquí tes a miña man, onde está o teu pezuño?
Intenta entender o meu plan, Ursala

O meu corazón é unha caldeira
chea de amor xusto e honesto
Ora ben, sabes que debemos desaprender
esta lealtade a unha vida de servizo
e nunca máis responder ao cruel
home da corte, nin sermos cómplices
(ese charlatán de inxenuas argalladas)

Pero, Ursala, debemos comer algo
e gañarnos o sustento, mentres sigamos dentro
dos límites da terra que ese home cinguiu
(todos eles ben pechados e axustados)
ata chegarmos a campo aberto
empapado de leite e mel

Has quedar coas túas fermosas roupas postas, por min?
Poderás aguantar un chisco máis con esa correa?
Meu amor, xúroo polo aire que respiro:

Antes ou despois, descubriras os teus dentes
pero por agora, só baila, miña raíña
Veña, bailarás, miña raíña?
Cariño, hai un lugar para nós
Podemos ir, antes de me converter en pó?
O, miña raíña, hai un lugar para nós
O, raíña miña

Veña, bailarás, raíña?
O, os outeiros xemen de excesos
coma unha mesa incesantemente lista para a comida
O, miña raíña, chegaremos

Desfilaron por diante dos gardas,
alén dos galiñeiros e dos campos e as granxas
toda a noite, ata que por fin:
o espazo gañado medrou
alén da pedra que a osa lanzou
para mara marcar onde pararían tomar o té
Pero camiña algo máis rápido
e non mires atrás

O banquete está para o leste, un pouco máis aló dos prados
Cando os merlos oen a teteira chiflar, érguense e aplauden
e o seu aplauso volve negra nun grallo á teteira
e iso non pode ser!

Móvete, Osa, así, así, así é
Coma se estivese escaiolado,
o corazón da nosa Ursala latexaba máis acelerado
do que o de mono xamais latexaría

Aínda así,
hai facturas que pagar,
non é?
Iso é o que dixera o mono
Así que, co valor dun paiaso, dun pícaro
ou dun papaventos, tirando con forza da súa atadura,
na súa parda camisola de pelaxe,
axitando raso e coiro,

Osa balanceábase nas patas traseiras,
Mentres o órgano moía desfeitas cancións para divertimento
dos nenos, que rían a berros
botando moedas aos seus pés
para logo se encoller de medo

Canta, baila, miña raíña
Veña, bailarás, miña raíña?
O, cariño, hai un lugar para nós
Podemos ir, antes de me converter en pó?
O, miña raía, hai un lugar para nós
O, raíña miña

Veña, bailarás, miña raíña?
Deixa os ollos cravados no meirande outeiro
onde para sempre poderás comer canto queiras
O, raíña, querida miña

Se bailas
Baila, raíña, e sigo queréndote
No fondo da noite
brillou feble unha mísera luz
cando o mono cargou coa lámpada

Alguén lle dixera
que a osa andivera paseando
abondo lonxe de onde estaban acampados
Alguén lle dixera
que a osa se escabulira
ás grotas onda o mar, para se bañar

Este pensamento preocupaba ao mono
porque el tiña medo á espeleoloxía nesas grotas
Tamén tiña medo do que dirían na vila
se visen á osa nese estado,
preguiceira, chapuzando obscenamente

E si, parecía irracional, de certo, lavar aquela face
Lavar aquela pelaxe engrellada comesta das pulgas
no relucente cuspe mariño, nas algas salgadas
Pero o mono só ría, e murmuraba:

Cando volva, Ursala estará fachendosa a rachar
a que eu choute!
Dicindo: arroláchete no esterco!
Dicindo: cheiras a lixo e porcallada
Pero aló ao lonxe
Ao lonxe
Por agora
Por agora
Ao lonxe
Ao lonxe, por agora, Osa argallaba

Ela non afogaría:
Primeiro as pernas da osa
erguéronse e caeron, na auga, protuberancias con ligas
Logo os brazos da osa
caeron, desprendéndose con facilidade, coma os tomates fervidos
abaixados en elegante reverencia

Osa quitou o manto dos seus ombreiros diluvianos
e, cun salouco,
deixou caer o peso do seu estómago coma un mandil cheo de coios
Se puideses suxeitar cara á luz
o seu raído abrigo por onde se ven os gastados anacos traslúcidos
verías os lugares onde
case cada noite do ano, Osa remendaba, postergando esa vileza

Agora, a auga arrastra o seu abrigo
que colle, coa fame dunha vida enteira, peixiños sen fin
Na magnética aperta
da sombra insaciable, danzante e glacial, de osa
Foi aquí!
Foi aquí!
Onde Osa deixou a Osa
Foi aquí!
Foi aquí!
Cando Osa se alonxou para sempre de Osa
Antes ou despois, chantaranlles os dentes.