SINSALAUDIO / Actualidade

EUROPEAN ACOUSTIC HERITAGE

11 de Abril de 2013

CLIENTE: AGADIC, ILLA DE SAN SIMÓN (XUNTA DE GALICIA)
DATA: 2011-1013
COMISARIADO: ESCOITAR.ORG + SINSALAUDIO
CONCEPTO: programación de actividades pedagóxicas para o proxecto European Acoustic Heritage


EUROPEAN ACOUSTIC HERITAGE (EAH) é un proxecto europeo que ten como finalidade descubrir tanto as paisaxes sonoras de Europa e os diferentes sons que compoñen a nosa experiencia, como a personalidade dos lugares e ambientes que forman parte do patrimonio cultural europeo. A través da unidade na diversidade, European Acoustic Heritage promove o patrimonio cultural común, respectando as diversidades culturais e lingüísticas, tal e como se propón na Axenda Europea da Cultura.
Este ambicioso proxecto foi ideado polo seu coordinador, a Axencia Galega das Industrias Culturáis (Agadic) e realizado polos seguintes socios europeos:

1. Fundación Illa de San Simón, cuxa finalidade é preservar e promover o patrimonio cultural e ambiental realizando actividades como exposicións ou programas educativos.

2. Universidade de Ciencias Aplicadas de Tampere (Tampereen ammattikorkeakoulu – TAMK), que desenvolveu un amplo e importante estudo dos ámbitos acústicos de toda Europa a través de numerosos proxectos de investigación (www.tamk.fi).

3. Centro de Investigación sobre o espazo sonoro e o medio urbano (Centre de Recherche sur l’Espace et l’environnement Sonore urbain – CRESSON) pertencente á Escola Nacional Superior de Arquitectura de Grenoble (ENSAG), que conta cunha longa traxectoria de investigación e publicacións sobre a relación entre son, arquitectura e espazo urbano utilizando métodos multi-disciplinarios (www.cresson.archi.fr).

4. O Phonogrammarchiv da Academia de Ciencias de Austria (PHA-OAW), o primeiro arquivo sonoro da historia recoñecido mundialmente polas súas coleccións únicas e as súas innovadoras técnicas de restauración e investigación de medios analóxicos, que achegou ao proxecto a súa experiencia no ámbito das gravacións históricas de paisaxe sonora, as tecnoloxías espaciais e sobre a utilización de bases de datos (www.phonogrammarchiv.at).

O colectivo multidisciplinar galego Escoita.org, que centra a súa actividade no ámbito da Arte Sonora, formado por compositores, antropólogos, fonografistas e deseñadores web  e que deu o impulso a este proxecto.

ENLACE AO PROGRAMA: EAH2013pdf