#atendasinsal: Cantareliña
Case unha década antes da irrupción do Xabarín Club naceu Cantareliña, un proxecto cultural que perseguía o soño de que @s nen@s galeg@s tivesen cancións propias para expresarse na súa lingua. Dende 1983, e durante as oito edicións, Cantareliña axuntou o traballo de músicos e poetas cunha intención decidida: normalizar o emprego da lingua no xogo e garantir así o porvir da nosa cultura.
Parte do material -agás a 1ª e 2ª edición- testemuña deste documento da nosa historia recente vén recollido nunha edición especial con 4CDs, 6 Libros e 6 LPs a un prezo de 30€ e estará á venda na #atendasinsal durante o Festival Sinsal Son Estrella Galicia.