SINSALAUDIO / Actualidade

As historias da música gravada en Galicia

20 de Xullo de 2024

GAL

A Escola Sinsal xurdiu hai 20 anos ao redor dunha anécdota na que foi a súa tenda de discos en Vigo. Alí inspirámonos nesta idea de copistas da música gravada a modo de anxo rexistrador”, os espíritos celestes encargados de gravar os eventos e accións de cada ser humano.

Recording Angel tamén foi o nome dun dos libros de música máis sorprendentes publicados na década dos oitenta. Escrito por Evan Eisenberg e co subtitulo de Música, discos e cultura desde Aristóteles ata Zappa, introdúcenos na fonografía”, unha arte diferente á música en vivo que, ademais de fabricar obxectos, tamén constrúe o seu propio relato social. A música gravada como enxoval e fósil da memoria, porque xa o dicía Oliver Sacks, somos unha especie tan lingüística coma musical”. 

Este ano a Escola Sinsal escava nun deses túmulos que o po vai deixando nos arquivos do rexistro sonoro destapando outras historias arredor da música gravada. E leva a cabo esta expedición contando con novos testemuños, do internacional ao local, pero tamén poñendo o foco de atención no valor simbólico destes xacementos. O noso obxectivo non é encher unha vitrina con obxectos curiosos, senón reivindicar a súa historia social porque, con ou sen valor material, hai vida alén do fetiche coleccionista.

As actividades do Festival Sinsal SON Estrela Galicia 2024 van desde unha exposición didáctica que incorpora a linguaxe mixta do cómic ata sesións musicais onde se recuperan arquivos sonoros domésticos. Ademais, os microconcertos de música clásica súmanse a esta programación expansiva e intégranse no relato das sesións en directo e dos paseos suxeridos por “Descubre San Simón”.
Todo o conxunto, cunha mirada circular que integra a memoria de San Simón, a historia da música gravada en Galicia e ese horizonte simbólico que representa o noso anxo rexistrador”. 

As historias da música gravada en Galicia
 
Nesta oportunidade, a Escola Sinsal afronta este exercicio de didáctica experimental e convida o público a buscar –e imaxinar– os vasos comunicantes entre o artefacto e a historia da música gravada en Galicia.

Durante a longa e escura prehistoria da música gravada, ese espazo de tempo en que só imaxinabamos sorprendentes inventos que falaban, cantaban ou escoitaban sons, en Galicia houbo dous soñadores que tamén aventuraron outros mundos posibles e fantasearon con robots. En Ourense, no século XVII, Domingo Martínez de Presa foi un construtor de autómatas nunha época en que a tecnoloxía corría o risco de ser declarada diabólica. E en Pontevedra, Severino Pérez Vázquez anticipou a finais do século XIX un instrumento que poderiamos considerar como un precursor do sintetizador de voz, unha especie de vocoder ou, por que non, un primitivo autotune. 

Que teñen en común as gravacións domésticas e Castelao? Por que non temos rexistros sonoros, por exemplo, de Rosalía de Castro? Foi Labarta Pose o primeiro DJ galego? Cantos cilindros piratas” gravou Pedro Ferrer de Perfecto Feijoo na rebotica do seu estudio? Etc. Estas e outras historias que implican nomes importantes e ilustres da nosa historia coma Andrés Avelino Comerma i Batalla, Enrique Labarta Pose, Pedro Ferrer, Emilia Pardo Bazán, Portela Seijo ou Maruja Boga incorpóranse á Escola Sinsal e fano da man, o talento e a imaxinación doutros tantos debuxantes, artistas do cómic que aceptaron o reto de contar en imaxes algunhas destas aventuras que os nosos e nosas protagonistas mantiveron co son ou coa música. 

ESP

La Escola Sinsal surgió hace 20 años alrededor de una anécdota en la que fue su tienda de discos en Vigo. Allí nos inspiramos en esta idea de copistas de la música grabada a modo de “ángel registrador”, los espíritus celestes encargados de grabar los eventos y acciones de cada ser humano.
Recording Angel también fue el nombre de uno de los libros de música más sorprendentes publicados en la década de los ochenta. Escrito por Evan Eisenberg y con el subtítulo de Música, discos y cultura desde Aristóteles hasta Zappa, nos introduce en la “fonografía”, un arte diferente a la música en vivo que, además de fabricar objetos, también construye su propio relato social. La música grabada como ajuar y fósil de la memoria, porque ya lo decía Oliver Sacks, “somos una especie tan lingüística como musical”. 

Esta exposición excava en uno de esos túmulos que el polvo va dejando en los archivos del registro sonoro destapando otras historias alrededor de la música grabada. Y lleva a cabo esta expedición contando con nuevos testimonios, de lo internacional a lo local, pero también poniendo el foco de atención en el valor simbólico de estos yacimientos. Nuestro objetivo no es llenar una vitrina con objetos curiosos, sino reivindicar su historia social porque, con o sin valor material, hay vida más allá del fetiche coleccionista.

Las actividades del Festival Sinsal SON Estrella Galicia 2024 van desde una exposición didáctica que incorpora el lenguaje mixto del comic hasta sesiones musicales donde se recuperan archivos sonoros domésticos. Además, los microconciertos de música clásica se suman a esta programación expansiva y se integran en el relato de las sesiones en directo y de los paseos sugeridos por “Descubre San Simón”.
Todo el conjunto, con una mirada circular que integra la memoria de San Simón, la historia de la música grabada en Galicia y ese horizonte simbólico que representa nuestro “ángel registrador”. 

Las historias de la música grabada en Galicia

En esta oportunidad, la Escola Sinsal afronta este ejercicio de didáctica experimental e invita al público a buscar –e imaginar– los vasos comunicantes entre el artefacto y la historia de la música grabada en Galicia.

Durante la larga y oscura prehistoria de la música grabada, ese espacio de tiempo en el que solo imaginábamos sorprendentes inventos que hablaban, cantaban o escuchaban sonidos, en Galicia hubo dos soñadores que también aventuraron otros mundos posibles y fantasearon con robots. En Ourense, en el siglo XVII, Domingo Martínez de Presa fue un constructor de autómatas en una época en la que la tecnología corría el riesgo de ser declarada diabólica. Y en Pontevedra, Severino Pérez Vázquez anticipó a finales del siglo XIX un instrumento que podríamos considerar como un precursor del sintetizador de voz, una especie de vocoder o, por qué no, un primitivo autotune. 

¿Qué tienen en común la grabaciones domésticas y Castelao? ¿Por qué no tenemos registros sonoros, por ejemplo, de Rosalía de Castro? ¿fue Labarta Pose el primer DJ gallego? ¿Cuántos cilindros “piratas” grabó Pedro Ferrer de Perfecto Feijoo en la trastienda de su estudio? Etc. 

Estas y otras historias que implican a nombres importantes e ilustres de nuestra historia como Andrés Avelino Comerma i Batalla, Enrique Labarta Pose, Pedro Ferrer, Emilia Pardo Bazán, Portela Seijo o Maruja Boga se incorporan a la Escola Sinsal, y lo hacen de la mano, el talento y la imaginación de otros tantos dibujantes, artistas del cómic que han aceptado el reto de contar en imágenes algunas de estas aventuras que nuestros y nuestras protagonistas han mantenido con el sonido o con la música.