SINSALAUDIO / Actualidade

A escena musical contada desde a perspectiva feminina

10 de Decembro de 2013

O Festival Sinsal ofrece como actividade complementaria a súa programación de outono unha serie de intervencións.

Este venres dia 13, a partir das 20.30 horas, na Librería Versus (Rúa de Venezuela, 80, 36204 Vigo) teremos unha mesa redonda sobre o papel actual das mulleres na escena musical (produción, xornalismo, educación, creación, etc.).

Unha conversa con participantes na escena musical viguesa para retratar una parte do presente a través dos seus relatos en primeira persoa e das audicións que proporán as poñentes. Coas súas palabras e cos sons propostos por elas, invocaremos lugares, lembraremos acontecementos, analizaremos a intervención das mulleres nesta historia por capítulos e repasaremos as posibilidades para a música que hogano ofrece a cidade de Vigo.

Moderadora:

- Teresa Cuiñas, xornalista en Televisión de Galicia e El País e autora do blog

Participantes:

- Cristina García: licenciada en Publicidade e Relacións Públicas. Responsable de comunicación en Esmerarte Industrias Creativas e Dj Flor.

- Lucía Riveiros: cantante lírica e mestra de Educación Musical. Compoñente de Murmel Bruxas.

- Elena Sestelo: licenciada en Publicidade e Relacións Públicas. Deseñadora gráfica e docente. É cantante, guitarrista e compositora de When Nalda Became Punk. O seu disco de debut, A Farewell to Youth (2013) foi publicado no selo estadounidense Shelflife Records.

- Mar Mato: licenciada en Xornalismo, periodista especializada na área de Cultura do xornal Faro de Vigo.