SINSALAUDIO / Actualidade

“MÚSICA EN BRANCO” E O PATRIMONIO INMATERIAL

15 de Maio de 2018

Sinsalaudio presentará “Música en Branco” durante a xornada “Retos na xestión do patrimonio inmaterial” organizada polo Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela Martes este 22 de maio de 2018.

Patrimonio Inmaterial é un termo relativamente recente que en Galicia se incorporou aos documentos lexislativos no ano 2016: que signi􏰀ca esta incorporación?, que é ou que de􏰀ne o patrimonio inmaterial?, a cal lle damos máis valor?, como se trans􏰀re e como se transforma?

Pero falar de patrimonio inmaterial é falar tamén de comunidade e aí é onde, nunha segunda parte da xornada, xorde a necesidade de amosar a diversidade de prácticas que no contexto galego podemos atopar arredor del. Un encontro que se de􏰀ne como un espazo de escoita, debate e aprendizaxe entre diferentes axentes e proxectos na procura dunha visión procesual, dinámica e multivocal do patrimonio inmaterial.


17:45 horas

  • Comba Campoi, Barriga Verde. Morreu o Demo
  • Julio Gómez, Música en Branco: Memoria da Agra do Orzán
  • Beatriz Comendador, Louceiros de Bamio
  • Óscar Senra, MaOs
  • Primitivo Pedrosa, Confraría de Muros