SINSALAUDIO / Actualidade

SINSALAUDIO NO CGAC

4 de Maio de 2011

CLIENTE: CGAC, CENTRO  GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEO
DATAS: 2011 e 2012
COMISARIADO: SINSALAUDIO
CONCEPTO: Ciclo de concertos de música contemporánea-exeperimental. 


_Laurel Halo:  18 de maio, 2011 día internacional dos museos. A kosmische-queen de Brooklyn, Laurel Halo, inaugurou un ciclo de concertos de pequeno formato que o Centro Galego de Arte Contemporánea CGAC organizou durante o 2011 comisariados por Sinsalaudio.

_ L’ Enfance Rouge: 2 de novembro, 2011. Mítica banda na escena independente (máis de 1800 concertos), a formación francoitaliana L’ Enfance Rouge, nace en Berlín en 1995, desenvolvendo o seu peculiar proxecto sen fronteiras xeográficas nin musicais. Fascinados pola música árabe-andalusí.

_Rafael Toral: 09 de xuño, 2012. O artista portugués, Rafael Toral, traballa con instrumentos experimentais e denomina o seu estilo como música electrónica pos-free jazz. Neste sentido, o creador, atento ao mundo, fai unha longa pesquisa das posibilidades performativas da música, elaborando pezas cheas de brillo, nas que articula relacións entre silencio e son dun modo ponderado e envolvente.

_Bill Orcutt: 11 de setembro, 2012. Guitarrista, máis coñecido pola súa traxectoria na segunda metade dos noventa do grupo hardcore Harry Pussy, iniciou recentemente unha carreira en solitario vinculada ao blues e certas músicas tradicionais e, sobre todo, a improvisación.

_Barn Owl: 27 de outubro, 2012. Con base en San Francisco (California), este dúo explora os camiños dun xénero musical, o drone, en franca expansión nas periferias da música moderna. O drone é un estilo que xorde nos anos sesenta inspirado polo achegamento dos minimalistas americanos ás sonoridades do sueste asiático. Caracterízase polo uso de sons, notas ou clusters sostidos ou repetidos no tempo, por composicións longas e por pezas desprovistas de variacións harmónicas.