Sinsal San Simón: programa de Músicas Escondidas
É unha programación especial que o Festival Sinsal San Simón realizará este ano entre as 15.45 e as 16.15 horas en diferentes lugares das dúas illas. Nesta oportunidade, anunciamos aos artistas pero gardamos o segredo dos espazos nos que transcorrerán, de forma simultánea, os seus concertos. As pistas dos lugares as anunciaremos en breve.
Sábado 27 de Xulio
Lucía Riveiros interpreta as “Cantigas de Amigo de Martín Codax”.
Alejandro Vargas, Lar Legido e Mónica de Nut presentan as Miniaturas Musicais de Granell
A posta en escena destas Miniaturas musicais de Granell recorda o surrealismo mais non tenta imitalo. Os artistas dialogan co pasado desde o presente e fannos desfrutar del con todos os sentidos. Orixinalidade, virtuosismo e sinceridade son as principais características desta proposta musical.
Rafael Yebra interpreta ” Intercambios Sonoros co Espazo”
O saxofonista Rafa Yebra presenta unha intervención sonora con obras previamente escritas por compositores de música clásico-contemporánea e improvisacións propias en resonancia co espazo na busca dun mimetismo sonoro e na exploración do espazo. En diálogo con estas músicas aparecen improvisacións e intervencións sonoras nunha interacción interespacial do son.
Programa:
_Nesta proposta escoitaremos a insistencia reflexiva do compositor taliano G. Scelsi, con pezas baseadas fundamentalmente nunha sóa nota, alterada polo tratamiento dos seus armónicos e por medio de inflexións microtonales, tímbricas e dinámicas.
_En C. Lauba o estudo sobre modos e ritmos vertixinosos inspirados na música clásica o jazz e o funk.
_Coa peza Grab it! de Jacob ter Veldhuis inspirada en frases curtas de presos, pódense escoitar ritmos funky e rap
acompañados de frases entrecortadas do saxofón, para acercarnos ao terror dos condeados a morte nos cárceres dos EEUU.
Domingo 28 de Xulio
Lucía Riveiros interpreta as “Cantigas de Amigo de Martín Codax”.
Alejandro Vargas, Lar Legido e Mónica de Nut presentan as Miniaturas Musicais de Granell
A posta en escena destas Miniaturas musicais de Granell recorda o surrealismo mais non tenta imitalo. Os artistas dialogan co pasado desde o presente e fannos desfrutar del con todos os sentidos. Orixinalidade, virtuosismo e sinceridade son as principais características desta proposta musical.
Eva Fenández e Juan Manuel Cao González presentan Inflexión Saxsonora
O Colectivo Inflexión é un grupo de saxofonistas relacionados coa aula de saxofón do conservatorio de música superior de Vigo que se dedican a estudiar o saxofón en todas as súas vertentes e formas desde a música antiga ata os sons de nova composición, explorando todas as formacións posibles con estes instrumentos. Nesta ocasión, por unha parte, ofrecen unha intervención a dúo de saxos soprano con música do Barroco e, por outra banda, música de fusión jazz-contemporánea.
Programa:
Concerto para dous violíns (transcripción para saxofóns). Johann Sebastian Bach
Rock Us! – Barry Cockcroft