SINSALAUDIO / Actualidade

Sinsal é Normal: semana cero

27 de Outubro de 2012

_24 de outubro. 20h. Inauguración Sinsal é Normal

Inauguración da Exposición O disco é NORMAL. Unha introdución á historia do soporte sonoro e á súa incidencia no mundo da música, a arte plástica e a sociedade do século XX.


_24 de outubro. 20.30h ESPAZO PERFORMANCE

La Brecha: [Rodrigo Losada, Marcos Nine, Bettina Korten, Ximena Losada, Elena Duque e Miguel Mariño].

O proxecto multidisciplinar de La Brecha explorou en NORMAL, cunha instalación e un laboratorio aberto ao público, o límite entre materiais lixo e outros utilizables nunha obra de arte. Esta performance afonda nese traballo, coa creación en vivo de diapositivas a partir de residuos e a súa proxección inmediata.

_25 de outubro. 19.30h ESPAZO ESCRITORIO:Lingua, música e literatura en Galicia

Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro

* Manuel Rivas (A Coruña, 1957). Escritor e xornalista. Premio Nacional de Narrativa en 1996 e doutor honoris causa pola Universidade da Coruña. As
voces baixas (Xerais), é o seu último libro.

* Xosé Manuel Pereiro (Monforte de Lemos, 1956). Xornalista de El País, La Opinión de A Coruña e Faro de Vigo. Decano do Colexio Profesional de
Xornalistas de Galicia. Nos oitenta liderou a banda coruñesa de punk Radio Océano.

- Coordina o xornalista Iago Martínez
- Colabora Espacio SIRVENT