SINSALAUDIO / Actualidade

FESTIVAL SINSAL VERAN PROXECTA LET´S GET LOST

2 de Xullo de 2008

Lugar: Auditorio Centro Cultural Caixanova | Vigo
Data: Xoves 3 de xullo
Hora: 21.00h
Entrada: 3 euros


Novo achegamento do Festival SINSAL á relación entre música e cinema documental. En colaboración co Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI), proxéctase en Caixanova Let’s Get Lost (EUA, 1988), un filme documental de Bruce Weber sobre o trompetista Chet Baker, unha das máis sobranceiras figuras do cool jazz da Costa Oeste. Do esplendor dos 50, figura ao James Dean e sesións compartidas con Charlie Parker e Gerry Mulligan, á decadencia, o camiño como ser atormentado cara á aniquilación. Weber, fotógrafo de renome e autor de memorables vídeos musicais, relata a vida do jazzman en forma de flashback, nunha construción inzada de entrevistas e material de arquivo que vive unha segunda mocidade logo da súa reestrea este ano no Festival de Cannes.