SINSALAUDIO / Sesións anecoicas

La casa de los ingleses

1 de abril de 2016
La casa de los ingleses nas Sesións Anecoicas de SINSALaudio

La casa de los ingleses ante a pregunta "Cal foi a vosa experiencia musical dentro da cámara anecoica?"

É ben certo que cada lugar no que tocamos ten as súas peculiaridades acústicas e unha resposta sonora propia. Cada lugar é diferente e non sempre é fácil que todos os membros do grupo consigamos estar a gusto. Sen embargo, a proposta para tocar nunha cámara anecoica xa nos dicía de entrada que nos agardaba unha experiencia completamente nova; isto era o único que tiñamos claro antes de entrar. Por iso tamén aproveitamos a ocasión e decidimos preparar un formato tamén novo para nós, ao que aínda hoxe, e polo baixiño, chamamos “formato anecoico”.

É moi difícil describir sensacións, pero unha vez dentro da cámara sentiámonos rodeados dunha atmosfera artificial, estraña, intensa e lixeiramente opresiva. Sensación que foi incrementada polos minutos de obrigado silencio que nos propuxemos os alí presentes para entrar en situación antes da interpretación. Dende o punto de vista da execución ou interpretación musical a sala é moi esixente, pois as condicións contribúen a que a percepción propia (propiocepción) se vexa multiplicada e cada erro de interpretación fora moito máis notorio.

Non chegamos a estar tanto tempo como para sentir desorientación ou incomodidade, pero non é difícil imaxinar que estas sensacións aparecerían en circunstancias de soidade e escuridade.

Imaxes da sesión de La casa de los ingleses

Sobre as sesións anecoicas

gl

A cámara semianecoica é un espazo deseñado e recuberto para absorber as ondas sonoras e electromagnéticas. Unha sala, na Escola de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, na que practicamente non hai eco nin reverberacións. A actuación en directo require de coidado e adaptación; un reto para os músicos. Esta é unha das actividades que o festival programa anualmente en colaboración coa Universidade de Vigo e o centro de investigación AtlanTIC. A entrada é gratuíta, o aforo é moi limitado e as persoas interesadas en asistir deben escribir a info@sinsalaudio.org. As Sesións Anecoicas, organizadas polo Festival Sinsal Son Estrella Galicia, recibiron o premio ás mellores actividades culturales paralelas na II edición dos Iberian Festival Awards do 2017.

es

La cámara semianecoica es un espacio diseñado y recubierto para absorber las ondas sonoras y electromagnéticas. Una sala, en la Escuela de Telecomunicaciones de la Universidad de Vigo, en la que prácticamente no hay eco ni reverberaciones. La actuación en directo requiere de cuidado y adaptación; un reto para los músicos. Esta es una de las actividades que el festival programa anualmente en colaboración con la Universidad de Vigo y el centro de investigación AtlanTIC. La entrada es gratuita, el aforo es muy limitado y las personas interesadas en asistir deben escribir a info@sinsalaudio.org. Las Sesiones Anecoicas, organizadas por el Festival Sinsal Son Estrella Galicia, han recibido el premio a mejor actividades culturales paralelas en la II edición de los Iberian Festival Awards del 2017.

en

The semi-anechoic chamber is a designed and coated space to absorb sound and electromagnetic waves. We are talking about a room in the Faculty of telecommunications of the University of Vigo in which there is practically no echo or reverberations. Live performances require a lot of care and adaptation, it is a real challenge for musicians. This is one of the activities that the festival organizes annually with the collaboration of the University of Vigo and AtlanTIC, the research center. Admission is free and the capacity is very limited. People interested in attending must write to info@sinsalaudio.org. The Anecoic Sessions, organized by the Sinsal Son Estrella Galicia Festival, have received the award to the best cultural activities in the II edition of the Iberian Festival Awards 2017.

CRÉDITOS
  • Dirección e edición de vídeo: Alexandre Cancelo
  • Imaxe: Fon Cortizo
  • Fotografía Fixa: Olalla Lojo
  • Son: Fernando Silva
  • Coordinación: Julio Gómez
  • Deseño web: Berio Molina