Tags

  • pronto...

SINSALAUDIO / Sesións anecoicas

27 de maio de 2016

#2M

#2M nas sesións anecoicas de SINSALaudio

#2M ante a pregunta "Cal foi a vosa experiencia musical dentro da cámara anecoica?"

Tocar, crear e improvisar sempre é unha experiencia única. Coñecendo a experiencia de John Cage ao respecto, fun mentalizado para disfrutar dun espazo acústico descoñecido, e diferente. A sensación primeira foi a visión dos paneis brancos que cubrían todo, agás o chan, impresionoume as formas que creaban. A medida que íamos montando, sentía que o son das pezas da batería, as chaves do saxo alto, xoguetes, pelotas de ping-pong, a respiración, as voces, etc..., tornábase opaca, amortiguada, moi extrano, novo. Comezamos a tocar sen guión, como é habitual en nós, tratando de degustar o momento, e dando valor a cada son, golpe ou melodía. Na interación co público, as pelotas de ping-pong sonan a pequenos coios que apenas fan o son ao que estamos acostumados. A batería, xoguetes, e o saxo soan limitados en todas as frecuencias, pero, non me sinto incómodo, un pouco raro somentes, consciente do fenómeno físico que experimentamos. A vara con aros de ferro que decen hipnotiza, e levanos a unha meditación casi zen. Podería vivir nun espazo así unha tempada, gústame o silencio.

Na outra sala, onde a reverberación é brutal, para resumilo en termos acústicos, o son multiplícase, e todo cobra unha dimensión enorme, os armónicos expándense, os pasos marcan o ritmo, as pelotas de ping-pong están vivas, o cabalo rincha con forza sobre os platos do charles, o saxo vaise lonxe, e o globo ainda retumba nos meus oídos cando lembro a experiencia.

Imaxes da sesión de #2M

Sobre as sesións anecoicas

gl

A cámara semianecoica é un espazo deseñado e recuberto para absorber as ondas sonoras e electromagnéticas. Unha sala, na Escola de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, na que practicamente non hai eco nin reverberacións. A actuación en directo require de coidado e adaptación; un reto para os músicos. Esta é unha das actividades que o festival programa anualmente en colaboración coa Universidade de Vigo e o centro de investigación AtlanTIC. A entrada é gratuíta, o aforo é moi limitado e as persoas interesadas en asistir deben escribir a info@sinsalaudio.org. As Sesións Anecoicas, organizadas polo Festival Sinsal Son Estrella Galicia, recibiron o premio ás mellores actividades culturales paralelas na II edición dos Iberian Festival Awards do 2017.

es

La cámara semianecoica es un espacio diseñado y recubierto para absorber las ondas sonoras y electromagnéticas. Una sala, en la Escuela de Telecomunicaciones de la Universidad de Vigo, en la que prácticamente no hay eco ni reverberaciones. La actuación en directo requiere de cuidado y adaptación; un reto para los músicos. Esta es una de las actividades que el festival programa anualmente en colaboración con la Universidad de Vigo y el centro de investigación AtlanTIC. La entrada es gratuita, el aforo es muy limitado y las personas interesadas en asistir deben escribir a info@sinsalaudio.org. Las Sesiones Anecoicas, organizadas por el Festival Sinsal Son Estrella Galicia, han recibido el premio a mejor actividades culturales paralelas en la II edición de los Iberian Festival Awards del 2017.

en

The semi-anechoic chamber is a designed and coated space to absorb sound and electromagnetic waves. We are talking about a room in the Faculty of telecommunications of the University of Vigo in which there is practically no echo or reverberations. Live performances require a lot of care and adaptation, it is a real challenge for musicians. This is one of the activities that the festival organizes annually with the collaboration of the University of Vigo and AtlanTIC, the research center. Admission is free and the capacity is very limited. People interested in attending must write to info@sinsalaudio.org. The Anecoic Sessions, organized by the Sinsal Son Estrella Galicia Festival, have received the award to the best cultural activities in the II edition of the Iberian Festival Awards 2017.

CRÉDITOS
  • Dirección e edición de vídeo: Alexandre Cancelo
  • Imaxe: Fon Cortizo
  • Fotografía Fixa: Olalla Lojo
  • Son: Fernando Silva
  • Coordinación: Julio Gómez
  • Deseño web: Berio Molina