Monumenta 2017

Monumenta, andar con arte é un programa de actividades culturais que se desenvolve ao redor da acción de camiñar e da experiencia da andaina como a mellor e a máis antiga das maneiras de explorar e de vivir o territorio.
Nesta edición, as andainas seguen os pasos de camiñantes ilustres que recolleron os seus saberes ou que atoparon a súa inspiración ao longo do territorio galego, como Domingo Fontán, Alan Lomax, Ruth Matilda Anderson ou Casto Sampedro.
O camiñar, como o respirar, revestiu de contido os nosos carreiros ao longo da historia, para configurar a paisaxe, os nosos relatos e vivencias. Coas explicacións dos camiñantes convidados, Monumenta achega outra mirada aos nosos camiños, nos que se erguen os edificios históricos relixiosos ou as primeiras instalacións da Revolución Industrial. Convidados expertos en diferentes áreas como a arquitectura, a arqueoloxía, a xeografía, a xeoloxía ou a arte, axudarannos a entender outras particularidades e valores dos diversos aspectos do patrimonio material e inmaterial de Galicia.
Con este ciclo de andainas, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia achégalle á cidadanía unha experiencia diferente de vivir e sentir o noso patrimonio, relacionando cada edificio co territorio e coa súa singularidade cultural e paisaxística.
1. Dous séculos do rostro de Galicia SANTIAGO DE COMPOSTELA, A CORUÑA
Sábado, 5 de agosto 10:30 h
2. Os cultos en Santa Mariña de Augas Santas, ALLARIZ, OURENSE
Domingo, 6 de agosto 11:00 h
3. Os morcegos de Santa María de Pesqueiras, CHANTADA,LUGO
Sábado 12 de agosto 11:00 h
4. A Valga Romana, PONTEVEDRA
Domingo 13 de agosto 10:00 h
5. Escoitando as Terras de Miranda MONDOÑEDO, LUGO
Sábado 19 de agosto 11:00
6. Pola Costa da Morte con Ruth Matilda Anderson e Manfred Gnädinger CAMELLE, CAMARIÑAS
Domingo 20 de agosto 10:30 h
7. Tras os pasos de Casto Sampedro REDONDELA E ILLA DE SAN SIMÓN, PONTEVEDRA
Sábado 26 de agosto 17:00 h
8. Alan Lomax e os afiadores dos Peares NOGUEIRA DE RAMUÍN, OURENSE
Domingo 27 de agosto 10:30 h