SINSALAUDIO / Actualidade

PLAYLIST DEBUT 2009

21 de Novembro de 2009

A nosa cita anual ten chegado. Xa estamos outra vez presos dos síntomas do Debut, temos as caras recoñeciblemente alteradas, marcadas polo nerviosismo, os agobios de última hora, coa susceptibilidade a flor de pel e coa sensación de que non chegamos, que algo se nos vai ir das mans, que nalgún momento o mecanismo que mantén a engranaxe funcionando deterase ante os nosos ollos. Esta é a sensación que antecede a unha estrea, e no caso da nosa titulación é así por demáis, quizais porque por en pé o desfile cada ano non forma parte do regulado, do programado académicamente, senón que supón un risco, unha aventura que este centro universitario asume como se fósemos produtores, managers, ou empresarios, como si presentásemos un produto que queremos comercializar, unha marca. En certo modo así é, temos unha marca, ESDEMGA, un proxecto formativo con vocación de excelencia, ese concepto tan levado e tan traído nos últimos tempos. DEBUT 2009


Sinsalaudio colabora en cada edición de #Debut aportando a banda sonora do desfile:  

Apparat: Hailin from the Edge 3:42

Värttinä & Hector Zazou: Annukka Suaren Neito 4:53

Brigitte Fontaine: Genre humain 4:23

Heloise & The Savoir Faire: On Fuego 3:26

Laibach: Das spiel ist 3:18

Klaus Nomi: After the Fall 4:46

Oleg Kostrow: Sun Queen Dance 4:12

Subtle: The Mercury Craze 3:37

Tiga: Shoes 3:50

Jamie Lidell: Music Will Not Last 3:30

TV On the Radio: Golden Age 4:12

Os Mutantes: Haleluia 3:40