Ulobit
Ulobit ante a pregunta “Cal foi a vosa experiencia musical dentro da cámara anecoica?“
Foi unha experiencia moi interesante, ainda que quizais podería ter máis sentido en formato investigación xa que, de ter sido conscientes das súas características, podería estar moi ben adaptar a sesión á resposta da sala, incidindo en certas frecuencias ou efectos acústicos que potenciaran esa experiencia con máis precisión. Neste línea de investigación, lembro o eco do baptisterio de Pisa. Cada certo tempo, creo que era meia hora, pechaban as portas e unha persoa saía a interpretar unha melodía que debído á reflexión e estructura do espazo (xusto ao contrario que a cámara) convertíase por momentos nunha peza polifónica. Deume moito que pensar sobre como estas cuestións sensoriáis poderían facernos repensar a historia da música en occidente.