Quinteto Tamadedashi

Quinteto Tamadedashi ante a pregunta “Cal foi a vosa experiencia musical dentro da cámara anecoica?“
Para nós, como estudantes de música, foi unha experiencia moi interesante xa que grazas ás características da sala anecoica que dispón a universidade de Vigo puidemos experimentar de primeira man o que realmente sucede dentro dos nosos instrumentos e como funciona a producción do son. Non é algo habitual ao que poida acceder a maioría da xente que se adica á música así que, se algunha vez xorde a oportunidade de poder tocar dentro dunha sala como esta, creemos que se debería aproveitar.