Mecanismo Ruso

Mecanismo Ruso ante a pregunta “Cal foi a vosa experiencia musical dentro da cámara anecoica?”
Dentro da cámara anecoica escoitabamos a fricción das escobillas do batería e o son do arco do contrabaixo con tanta nitidez que case nos esquecemos de cantar. Era difícil manter a concentración nunha contorna acústica que demandaba a túa atención constantemente. Había algo que non encaixaba entre o que viamos e o que escoitabamos. O son era parecido a tocar ao aire libre en silencio absoluto pero estabamos rodeados de centos de formas piramidales micro perforadas.