#2M
#2M ante a pregunta “Cal foi a vosa experiencia musical dentro da cámara anecoica?“
Tocar, crear e improvisar sempre é unha experiencia única. Coñecendo a experiencia de John Cage ao respecto, fun mentalizado para disfrutar dun espazo acústico descoñecido, e diferente. A sensación primeira foi a visión dos paneis brancos que cubrían todo, agás o chan, impresionoume as formas que creaban. A medida que íamos montando, sentía que o son das pezas da batería, as chaves do saxo alto, xoguetes, pelotas de ping-pong, a respiración, as voces, etc…, tornábase opaca, amortiguada, moi extrano, novo.
Comezamos a tocar sen guión, como é habitual en nós, tratando de degustar o momento, e dando valor a cada son, golpe ou melodía. Na interación co público, as pelotas de ping-pong sonan a pequenos coios que apenas fan o son ao que estamos acostumados. A batería, xoguetes, e o saxo soan limitados en todas as frecuencias, pero, non me sinto incómodo, un pouco raro somentes, consciente do fenómeno físico que experimentamos. A vara con aros de ferro que decen hipnotiza, e levanos a unha meditación casi zen. Podería vivir nun espazo así unha tempada, gústame o silencio.
Na outra sala, onde a reverberación é brutal, para resumilo en termos acústicos, o son multiplícase, e todo cobra unha dimensión enorme, os armónicos expándense, os pasos marcan o ritmo, as pelotas de ping-pong están vivas, o cabalo rincha con forza sobre os platos do charles, o saxo vaise lonxe, e o globo ainda retumba nos meus oídos cando lembro a experiencia.