Unha cookie é un pequeno ficheiro de texto que se garda no teu navegador cando visitas case calquera web. Serve para que a web lembre a túa visita e garde algunha información básica de ti, e así teñas unha mellor experiencia cando volvas navegar por ela.
Para os efectos legais en Europa, sistemas alternativos ás cookies, como local storage (onde a información non se garda nun servidor, senón no teu navegador), teñen a mesma regulamentación.
As cookies adoitan gardar información de carácter técnico, preferencias persoais, información para a personalización de contidos, estatísticas de uso, ligazóns ás redes sociais, o teu acceso como usuario etc. O seu obxectivo é adaptar o contido da web ao teu perfil e ás túas necesidades. Sen cookies, os servizos que ofrecen as webs veríanse eivados notablemente.
As cookies non adoitan gardar información realmente importante sobre ti, nin tarxetas de crédito nin datos bancarios, nin fotografías, nin o teu DNI nin información persoal. Os datos que gardan son só de carácter técnico sobre as túas preferencias de acceso á web (idioma, tipo de perfil, etc.), contidos que xa tes visto, páxinas que visitas etcétera.
Por outra parte, esta información que gardan non queda asociada a ti persoalmente (ao teu nome), senón ao navegador do teu ordenador ou móbil. De feito, se adoitas navegar co ordenador e probas a facelo co móbil, ou se mudas de navegador, comprobarás que a web non se dá conta de que es a mesma persoa e vas ter que escoller idioma de novo e seleccionar cousas que xa seleccionaras no outro dispositivo. Ou sexa, a cookie dáse conta de cal é a máquina que a está consultando, non de que é o humano que está detrás.
Seguindo as directrices da Axencia Española de Protección de Datos indicámosche as cookies que emprega esta web.
Esta web utiliza as seguintes cookies propias:
E mais estas cookies de terceiros:
Podes restrinxir, bloquear ou borrar as cookies de calquera web que utilices se configuras o teu navegador. En cada navegador, a operativa que tes que seguir é diferente, pero a función de ‘Axuda’ do seu soporte técnico amosarache como facelo en cada un destes casos:
Para calquera dúbida ou consulta sobre o uso de cookies nesta web, non o penses máis e contáctanos.
Por entidade cesora do dominio
Pola súa permanencia
Pola súa finalidade
A responsabilidade sobre a privacidade e sobre o contido das cookies de terceiros é deses terceiros. SINSALaudio non é responsable delas.
Tampouco é responsabilidade de SINSALaudio que os navegadores eliminen ou desactiven correctamente as cookies cando llelo pides: eles son os encargados de facelo.
Nalgúns casos pode darse o caso de que cada vez que entres nunha web vexas o aviso de cookies. Iso é porque quen controla que decidiches non aceptar as cookies é precisamente unha cookie, aínda que pareza un paradoxo.