SINSALAUDIO / Actualidade

O DISCO É NORMAL, ACTIVIDADES

12 de Novembro de 2012

“O disco é NORMAL” é unha introdución á historia do soporte sonoro e á súa incidencia no mundo da música, a arte plástica e a sociedade do século XX.
Como actividades complementarias a exposición, houbo unha conferencia e varios obradoiros da “Escola Sinsal”.



1. CONFERENCIA

_A exposición contou con varias actividades. A primeira delas foi unha conferencia a dúas bandas con Anki Toner e Julio Gómez (Sinsalaudio).

2. OBRADOIROS

Despois, tivemos dous obradoiros: Música enlatada e Música para Peto.

3. EXPOSICIÓN 

A exposición repasa os principais acontecementos na evolución do rexistro sonoro e presenta algúns dos seus obxectos máis relevantes, ao tempo que incide na importancia da gramofonía como centro de inspiración nas diferentes linguaxes artísticas.

Os obxectos están organizados por diferentes instalacións temáticas e acompañadas de varias obras individuais como: Os Traxes Sonoros de Galicia (A Cidade Da Cultura de Galicia); “Música para Peto” de Ulobit, ou un collages sonoro en homenaxe a Milan Knizak.