SINSALAUDIO / Actualidade

A ESCOLA SINSAL: UNHA EXPOSICIÓN DA MÚSICA GRAVADA

3 de Novembro de 2022

1. Texto de introdución á exposición

Foi na tenda de discos física, aberta nunhas galerías da rúa Príncipe de Vigo, onde naceu esta aventura chamada A Escola Sinsal.

Corría o ano 2004 cando varios adolescentes entraron na tenda a pedir un donativo. Sorprendidos por aqueles obxectos redondos, preguntaron se podiamos poñer un.

Desenfundamos un vinilo, colocámolo no tocadiscos e, a continuación, despois de reproducir a primeira canción, insistiron en buscar outro disco. Como non repararan na existencia da cara B, suxerímoslles que lle desen a volta e escoitasen outra canción. A súa sorpresa ao comprobar que había outra cara gravada inspirounos para esta investigación.


A información da exposición pode parecer desfasada neste contexto dixital, pero o dereito á imaxinación nunca ten data de caducidade.

 

2. A exposición

A exposición está ordenada con máis de cincuenta obxectos, agrupados en trinta ideas ou conceptos, da colección de Sinsalaudio.

Son, na súa maioría, reprodutores e soportes de diferentes épocas e países que teñen no suco mecánico e a cinta magnética os principios físicos comúns. 


Desde discos en formatos singulares ou materiais curiosos, a reprodutores de xoguete que, na actualidade, son obxecto de procura debido ao novo auxe do formato físico; sobre todo os discos de vinilo.

2.1. Lista de obxectos da exposición

  • – Fonógrafo Edison, 1903.
  • – Colección de cilindros do selo SOSOaudio, 2012.
  • – Cilindro gravado marca Voicewriter, 1920.
  • – Gramófono, 1921
  • – Disco gramófono de goma laca a 78 rpm.
  • – Disco de metal da marca Recording Disc National.
  • – Edison Diamond Disc.
  • – Flexi disc 7” Mekons.
  • – Shape disc 7”.
  • – Tonbild-Poskarte, 1923.
  • – Carte-Postale, Movox, 1951.
  • – Colorvox, 1972.
  • – Postais SOSOaudio, 2014-2021.
  • – Portable Record Player for Eight-Ban Record; Xapón, 2004.
  • – Bhutan Record Stamp, 1972.
  • – Praxinoscopio: Red Raven Movie Records, 1956.
  • – Televisión: Show’N Tell; General Electric, 1964.
  • – Talking View-Master, 1970.
  • – Zootropo por Felix Knoth (Felix Kubin); Rund um den Watzmann, 1999.
  • – Talking book The Singing Donkey, 1974.
  • – Sound-A-Round Talking Puzzle, 1968.
  • – SOSOaudio e Escoitar.org: palíndromo “Nós somos son”, 2013.
  • – Tocadiscos Mighty Tiny Player con discos, 1970.
  • – Tocadiscos Instant Replay de Mattel, 1970.
  • – Gravadora portátil de disco Soundscriber 200, 1950.
  • – Gravadora portátil de disco Audograph Dictation Machine, 1949.
  • – Jack White, Lazaretto (Ultra LP), 2014.
    Inclúe sucos paralelos, sucos pechados, sucos de reprodución inversa, sucos a 78 rpm etc.
  • – Berio Molina, Setras, La Casa Encendida e Fundación Mayeusis, 2017.
    Libro con disco de 7” e 26 sucos pechados.
  • – Tocadiscos Soundwagon, Xapón, 2010.
    Reprodutor sobre un crebacabezas de vinilos da colección de SOSOaudio.
  • – Karaoke Panapic, Xapón, 1974.
    Reprodutor autoamplificado, micrófono e libro con discos.
  • – Enciclopedia Decennium, España, 1982.
    Con tocadiscos autoamplificado.
  • – Baseball Talk Player, EUA, 1989.
    Colección de cromos-disco de béisbol con tocadiscos.
  • – Sonorama. Le magazine sonore, Francia, 1958-1962.
  • – Krugozor Magazine, URSS, 1964-1993.
  • – Radiografía gravada da colección de SOSOaudio (non é un orixinal).
  • – X-Ray Audio, Strange Attractor Press, 2015.
  • – Disco de chocolate Xocoa, Barcelona, 2014.
  • – Scot Jenerik, Soundtrack for the Dead, 2014. Disco de cemento, con sucos pechados e reprodución inversa.
  • – Colección de discos deseñados por SOSOaudio.
  • – Colección de CD raiados por SOSOaudio para os seus directos, 1999.
  • – Máquina de ditado Agavox, Suecia, 1955.