SINSALAUDIO / Actualidade

SOPORTE SONORO DE GALICIA

28 de Novembro de 2010

CLIENTE: CULTURGAL e XUNTA DE GALICIA
DATA: decembro 2010
COMISARIADO: SINSALAUDIO e OUVIRMOS
CONCEPTO: Exposición de rexistro sonoro


Soporte sonoro. Cen anos capturando música en Galicia é un proxecto expositivo, didáctico e lúdico comisariado por Sinsal e Ouvirmos que se estreou na feira Culturgal do 26 ao 28 de novembro de 2010. Nesta ocasión a exposición foi promovida polo programa Creativa de cooperación transfronteiriza galego-portuguesa co patrocinio de Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Máis de cen pezas distribuídas en tres bloques formaron parte da mostra que, a xeito dun traballo en proceso, quixo ser punto de partida para un proxecto que revalorice a 
memoria do soporte sonoro en Galicia e que vaia medrando co tempo. A proposta Soporte Sonoroaliméntase de accións que, máis ala do formato expositivo, con iniciativas formativas e lúdicas ao redor do tema como obradoiros, proxeccións e a publicación dunha unidade didáctica.

No contexto do Ano da Música de Galicia en 2011 a exposición Soporte Sonoro pode converterse nunha plataforma itinerante ao redor dun aspecto fundamental para a historia musical galega: o seu rexistro, necesario para a conservación e difusión. En resumo, necesario para a memoria musical galega.

Soporte Sonoro é, ademais, unha proposta de traballo colaborativo e en rede; é o resultado dun proceso de investigación aberto ao redor da memoria sonora do país. Require xa que logo a implicación daqueles organismos e institucións que custodian e traballan o rexistro sonoro 
galego (Arquivo Sonoro de Galicia, CGAI, empresas radiofónicas) e tamén de persoas que a título individual son depositarias, non só de material obxectual e documental, senón da historia da gravación sonora en Galicia.