As historias da música gravada en Galicia

Sinsalaudio é unha promotora musical e unha produtora de eventos culturais; ás veces somos escola e sempre alumnos ávidos de aprender e experimentar. Ao longo dos últimos vinte anos intentamos facer realidade todo aquilo que botamos de menos na música e, botando a vista atrás, non podemos evitar sentirnos un pouco satisfeitos.