Festival IFI

O Festival IFI foi unha iniciativa próxima á Arte Sonora que durante tres anos organizouse dende a dirección do Colectivo Flexo -estudantes da Facultade de Belas Artes de Pontevedra- e na que colaborou en distintas fases Sinsalaudio. Durante os tres anos de existencia pasaron pola programación musical de IFI coordinada por Sinsalaudio: Gudrun Gut, Thomas Fehlmann, Sinsalaudio Soud System, Telefon Tel Aviv, Niobe, Explosions In The Sky, Sonic Culture, Dj Rupture, etc.