Ifevi 2006

OBXECTIVOS

Primeira experiencia fora dun Colexio nun espazo destiñado, sobre todo, ao ocio e "desmelene fisico". Competir cun proxecto educativo como é a Escola Sinsal con atraccións de saltos, xogos, etc, parecía que non ía ser unha aventura positiva, pero finalmente os cinco días que a Escola estivo aberta en Ifevi foron todo un éxito. Entre os obradoiros tradicionáis estreamos unha nova práctica. Neste caso foi unha pequena homenaxe aos "discos ópticos" de Marcel Duchamp, que consistía en pintar directamente vinilos para despois comprobar como representaban un debuxo co movemento do xiradiscos. Este cursiño estaba enfocado aos máis cativos porque sabiamos que a maior parte dos asitentes a estas xornadas de Nadal son menores de 10 anos. Pensámolo como un vía de escape por si os rapaces quedaban fatigados cos obradoiros de picadiscos e dende un principio convertiuse na raíña da festa. Sobre todo entre os nenos-as de cinco a oito anos que incluso tiveron a oportunidade de levar para súa casa o disco de vinilo pintado.

JPEG - 56.2 KB

Nesta producción en Ifevi os obxectivos que se marcou a Escola Sinsal foron:

_ * Coñecer físicamente os reproductores analóxicos (ou antigos), as súas posibilidades e a súa importancia aínda hoxe en día no mundo da música.
* Que a música é imaxinación e creatividade. Unha linguaxe aberta, sen barreiras e que en moitas ocasións, por descoñecemento, rexeitamos outros camiños para a creación.
* Ensinar que os ordenadores non son soamente poderosas ferramentas de comunicación e ocio, senón tamén maravillosas máquinas con grandes posibilidades para a arte.
* A maior parte dos rapaces están despistados por un uso incorrecto da rede, pensando todo o día en descargar películas, música, programas, etc. Escola Sinsal ensinou que Internet tamén é unha fonte de solidariedade.

JPEG - 36.5 KB

Por último, para que os papás e mamás no se aburriran mentres agardaban polos fillos, aproveitamos a ocasión para pasarlle uns textos de Murray Schafer. Algo de ximnasia acústica dende a páxina web de Escoitar.org en colaboración coa Escola Sinsal. O questionario tamén foi todo un éxito e os seus resultados incorporaranse aos estudios do Colectivo Escoitar.org sobre a paisaxe sonora de Vigo.

Unha vez máis, grazas a tod@s.

JPEG - 43 KB
JPEG - 41.1 KB
JPEG - 42.7 KB
JPEG - 40.5 KB