Mosteiro Bembrive 2006

Continuamos cunha segunda entrega do obradoiro itinerante da Escola Sinsal: 120 anos de música enlatada. Para esta viaxe marchamos ata outro Colexio Público do Concello de Vigo: O CEIP Mosteiro Bembrive. Foi o martes 23 de maio do ano 2006 e outra vez compartimos cinco horas de música coas nenas e nenos do sexto curso de Primaria.

JPEG - 37.1 KB

Como xa tiñamos unha experiencia previa ao traballar con cativos desta idade, quisemos trocar algúns elementos dos obradoiros para achegarlles a teoría cunha mensaxe máis directa. Repetimo-lo esquema de dividirnos en varios grupos porque O CEIP Mosteiro Bembrive tamén contaba con dous cursos de sexto de Primaria. Un dos grupos con 18 rapaces foi para os talleres de picadiscos que estaban montados no ximnasio. As circunstancias non nos permitiron situar as dúas cabinas de picadiscos en espazos independentes pero eso non foi un problema para desenrolar con normalidade un dos apartados que máis apaixoan aos alumnos. Para moitos deles tocar por primeira vez as texturas dos surcos dos vinilos, ou participar nesa "comunión" que compromete poñer un disco nun "prato" e desprazar suavemente a agulla, e case un acto de filosofía "zehn".

Os mestres de cerimonias foron Marco "Apenino" mais Diego "Arkestra" e durante 3 horas repartíronse en catro grupos ós 34 alumnos-as. Aprendéronlle os principios mínimos do qué é unha mesa de picadiscos, un xiradiscos e cómo hai que facer para mixturar varios vinilos. Tamén falaron dos diversos estilos sonoros/musicales (rock/pop, hip-hop, baile, folk, etc) e os trucos empregados dependendo dos tempos da música. O mellor desta sección é que hai pouca teoría e moita práctica. Os rapaces exerceron dende un principio de aprendices de picadiscos facendo scratch, metendo efectos, casando bombos ou investigando con dous discos iguais.

JPEG - 36.7 KB

A maior novidade deste episodio no Colexio Mosteiro Bembrive estivo na parte teórica. Mentres un curso estaba "bailando" no ximnasio ,o outro permañeceu na biblioteca para aprende-los orixes da gravación sonora e os primeiros reproductores. Como os alumnos son algo xóvenes quisemos prescindir dos vídeos e centramos esa introducción histórica con varios exemplos /experimentos que resultaron un éxito para as nenas/nenos e profes: todos xuntos "alucinamos" coas posibilidades "acústicas" que teñen os surcos dos vinilos.

Noso primeiro experimento foi usar un xiradiscos como eso: xirar un disco. Retiramos a agulla do xiradiscos e "por suposto" non contabamos con amplificación do sinal. Deste xeito quisemos demostrar cómo foron os orixes cando Edison e Berliner fixeron as primeiras maravillas cos fonógrafos e gramófonos. Cada dous alumnos fixeron unha bocina de papel sobre a que colocamos un lapiz para agarra-la. No extremo máis delgado da bocina colocamos unha agulla/alfiler o máis fina posible. Unha vez rematada a nosa "cápsula-altofalante" caseira procedimos a experimentar con ela. O resultado foi tan brillante como sorprendente. Algúns discos podíanse seguir perfectamente o que tocaban/cantaban, sobre todo cando metíamos un micro dentro do papel para amplifica-lo sinal. Os alumnos fixeron as súas propias valoracións e puntuacións dos traballos.

JPEG - 28.8 KB

Unha vez resumida a Historia dos primeiros reproductores pasamos a construi-lo noso propio disco. Non fixo falta master, disco nai , prensas ou electrolisis. Todo moito máis sinxelo. Collimos cds "estropeados" e pola súa parte de espello principiamos a facer raias transversais cun obxeto cortante. Cada un dos grupos anteriores que traballaron nas bocinas debían facer un disco co número de cortes que estimara oportuno. Despois colocamos os cds a modo de discos de vinilo no xiradiscos e procedimos a escoita-lo resultado. Deste xeito cada raiazo erá un bombo e dependendo da distancia dos raiazos, asé marcabamos un compas, ritmo ou són. Houbo resultados sorprendentes gracias a imaxinación dos nenos/nenas a hora de talla-los surcos.

Por último, nesta primeira parte do obradoiro falamos, tocamos e vimos cilindros de fonógrafo, discos de vinilo de tódalas cores, formas, tamaños, etc. Tamén de cintas de magnetofón e durante uns minutos falamos de deseño gráfico, esa outra parte artística dos soportes físicos musicáis que tamén está desaparecendo coa chegada do formato comprimido. Vimos portadas de discos dobles, con relieves, hologramas, etc; as delicias de grandes e pequenos.

Despois do recreo fixemos unha nova introducción ao software libre e construimos unha canción cos nenos que, nesta oportunidade, eles mesmos seleccionaron coa axuda da profesora. Esta parte do obradoiro Escola Sinsal precisa de moita paciencia e para que tódolos alumnos experimentaran por eles mesmos as posibilidades dos ordenadores como instrumentos musicais tamén separamos os dous cursos: durante 45 minutos mentres un grupo gravaba e aprendía a edita-la música, o outro continuaba no ximnasio para participar en dúas novas aventuras.

Por un lado unha introducción aos novos reproductores dixitais que poden manipular cds como discos de vinilo ou incluso mp3. Falamos dos novos reproductores "simuladores de vinilo" cos que podes facer scratch, loops, samplers, etc. Despois principiamos unhas nocións breves ao Mp3 falando dos novos adiantos do Final Scratch, a ferramenta para facer de picadiscos profesional cos formatos comprimidos. E por outro os cativos fixeron por uns minutos de "picavídeos" filmando imáxenes dos seus propios compañeiros mentres outros alumnos-as e profes experimentaban cunha mesa de vídeo dixital mixturando imaxes, transicións e efectos...........................

Segunda experiencia da Escola Sinsal con novos elementos e intervencións arredor da música enlatada. A verdade que con toda a afirmacón e posibilidades dos diversos soportes e recursos sonoros habería materia para encher centos de horas.

Pode que esas gañas de ensinar e aprender sexan ás que máis rempuxen os ánimos dos talleres para conectar cos alumnos, pero ainda que ata eles chegue soamente un 10% da información, os obradoiros da Escola Sinsal abren as portas dun mundo que para as mozas e mozos é un universo distinto.

Como sempre moitas grazas ó Colexio Mosteiro Bembrive, o seu director e os/as Profes dos dous curso de 6º de Primaria. Pero sobre todo a tódolos nenos e nenas que durante unhas horas soportaron a esos profes "intrusos" nos seus espazos.

JPEG - 32 KB