C.E.I.P O POMBAL 2006

O pasado día 11 de maio estrenouse o obradoiro da Escola Sinsal. Esta primeira cita desenvolveuse nas aulas do Colexio Público O Pombal durante a mañán do xoves. Foron case cinco horas falando de Música con trinta e cinco cativos entre 11 e 12 anos de idade dos dous cursos de sexto de Primaria.

JPEG - 44.4 KB

Principiamos as 09.00 horas coa presentación do curso e pouco tempo despois xa estructuramos os grupos para facer máis levadeiros os distintos obradoiros. Mentres a metade dos alumnos-as quedaron na aula de música para asistir durante os primeiros 90 minutos a unha vídeo-charla sobre a Música Enlatada, a outra metade saiu da clase e dividiuse en dous grupos de oito e nove rapaces respectivamente para asistires aos cursiños de picadiscos.
Julio Gómez foi o encargado de proxectarlles aos nenos da aula de música distintos vídeos que narraban o percorrido dende o fonógrafo ata os discos de vinilo. Falamos dos reproductores tradicionais: Fonógrafo, Gramófono, Magnetófono e Xiradiscos. Escoitamos a primeira gravación da historia cunha voz dunha persoa que realizou Thomas Edison en 1881 "Mary had a little lamb" e ao mestre Perfecto Feijoo co coro Aires Da Terra no que é o primeiro rexistro da música galega en 1904. Vimos os soportes de gravación: cilindros, cintas magnéticas, cassettes, discos de tódolos tamaños, cores, formas, etc. Falamos tamén un pouco de John Cage e The Beatles. E poidemos ver diapositivas con traballos moi especiais de Christian Marclay, Janek Schaefer ou Project Dark.

JPEG - 39.2 KB

Despois proxectamos un vídeo de 13 mínutos de cómo se fai un disco de vinilo. E por último outro vídeo coas técnicas e trucos dos picadiscos profesionais e falamos moi especialmente de Dj Shadow e Coldcut. Mentres, nas outras aulas -a biblioteca e o ximnasio- montamos dúas cabinas de picadiscos cun par de xiradiscos profesionais, unha mesa de mixtura tamén profesional e un cd-reproductor de última xeneración que simulan ós vinilos.

Os Djs Abel e Diego, do Colectivo Arkestra, foron os mestres de cerimonias e distribuiron eses 90 minutos do obradoiro aprendendo ás nenas e nenos cómo se monta unha cabina ou qué é un prato e unha mesa de picadiscos. Despois tódolos rapaces fixeron prácticas de poñer e mixturar os discos de vinilo. Ainda que o tempo foi moi axustado. todavía houbo algúns minutos para construir un disco personalizado tallando nun cd estropeado os surcos cunha tixeira -un pouco de Arte concepto-

Rematados esos primeiros 90 minutos, trocamos os grupos e repetimos tódolos obradoiros. Asé cubrimos a primeira etapa ata a chegada do recreo. Unha vez recuperados e oxixenados voltamos ó traballo para, agora os 35 alumnos reunidos na Aula de Música, principiar a clase mestra da edición músical. Usando software libre construimos unha canción que previamente seleccionamos por ter unha estructura moi sinxela. Nesta oportunidade quisemos facer unha versión dun clásico do pop español de Nacha Pop, "La Chica De Ayer". Os xóvenes músicos fixeron unha demostración de talento cunha base rítmica de "dowtempo" adaptada á melodía tan especial desta canción. Para darlle un toque máis "escuro" utilizamos un Theremin de xoguete que tocamos en directo. Este apartado da Escola Sinsal foi desenvolvido por Marco "Apenino" e contamos coa imprescindible axuda e colaboración da profesora de Música de O Pombal.

JPEG - 35.6 KB

Xa co tempo enriba quisemos facer unha introducción ós VJs, "Picavídeos" pero cos poucos minutos que restaban e un pequeno problema de conexión apenas poidemos utilizar un pouco outro software libre de mixturar vídeos, unha mesa dixital e pasa-lo vídeo en contra da destrucción do Amazonas polo dúo Cold Cut.

Ainda que algunhas das fases dos obradoiros foron un pouco "espesas" para a idade dos cativos, hai que sinalar que en todo momento a interacción entre os "profes" da Escola Sinsal e os xóvenes aprendices foi moi boa . Seguro que as nenas e nenos do Colexio O Pombal pasaron por unha experiencia que non van a esquecer. Cando menos agora, cando descarguen un mp3 aó teléfono móvil, saberán que houbo un día onde uns obxetos redondos fixeron as delicias de grandes e pequenos.

JPEG - 38.4 KB