Bill Callahan en Ferrol e Vigo

BILL CALLAHAN HOXE EN FERROL E MAÑÁ EN VIGO

Este concerto do Festival Sinsal pertence ao ciclo Galicia en Vivo de Xacobeo 2010, unha iniciativa que reúne a 12 festivais de música de Galicia, apoiando a súa proxección e promoción dentro e fóra de Galicia.

Teatro Jofre, Ferrol. Xoves 18 de febreiro.
Portas abertas 20:30 h, inicio 21:00. 12 euros

Auditorio Caixanova, Vigo. Venres 19 de febreiro.
Portas abertas 20:30 h, inicio 21:00. 12 euros

Entradas en www.servinova.com

Bill Callahan chega por primeira vez a Galicia ofrecendo dous concertos dentro da programación do Festival Sinsal OITO, primeiro en Ferrol, o xoves 18, e despois en Vigo, o venres 19.

Do profundo ao humor negro pode non haber transición, do íntimo ao irónico en dúas frases, a depresión como arma de dobre filo. Bill Callahan sabe xogar coas emocións humanas, mostralas a través da súa suave voz de barítono e dunha orquestración clásica e traballada. Chega presentando o seu novo disco, o segundo co seu nome, Sometimes I Wish We Were An Eagle, acollido por moitos como o seu mellor traballo con permiso de Woke on a Whaleheart, dous discos nos que escoitar a un artista crecido capaz de todo, de liñas e aristas.

JPEG - 126.6 KB