Eagle Twin

SUNN O)))
+ Eagle Twin

Museo MARCO de Vigo. Luns 1 de febreiro.
Portas abertas 20:15 h, inicio 20:30. 15 euros
Entradas en www.servinova.com

Eagle Twin, unha nova banda do catálogo de Southern Lord Records formada polo batería Tyler Smith e polo guitarrista Gentry Densley. Presentan en xira por Europa con Sunn O))) o que é o seu primeiro disco, The Unkidness of Crows, sete cancións que traspasan o drone doom achegándose ao jazz dende o profundo son da voz e os xogos entre a guitarra e a batería. Músicos de longo percorrido, Tyler Smith vén de Form of Rocket e Densley xa formou parte no pasado dos seminais Iceburn. Eagle Twin mesturan a forza do seu son con ritmos hipnóticos e composicións progresivas conseguindo ambientes imposibles, unha creación máis no límite do audible.

JPEG - 59 KB
JPEG - 199.2 KB