Adelanto de la Programación

Aquí tenéis un adelanto de la programación del Festival Sinsal Otoño 2009. Como el cartel todavía no está cerrado y es posible que se incorpore algún nombre más, esperaremos unos días antes de confirmar todos los conciertos y algunas novedades de cara al año 2010.

Muchas gracias por vuestra paciencia y preocupación.

Saludos: Sinsalaudio

Vigo, martes 3 de novembro de 2009, Teatro Caixanova. 21:00 h.
Mercar aquí / 10€-12€-15€

Kings of Convenience volven á estrada e ás tendas despois de cinco anos de silencio. O dúo noruegués formado por Erlend Oye e Eirik Glambek Boe segue a transitar polas augas mansas dun pop a dúas voces delicado e sutil.

http://www.myspace.com/kingsofconvenience

Vigo, mércores 4 de novembro de 2009, Salón SINSAL, MARCO. 20:30 h.
Entradas dispoñibles en taquilla antes do concerto ou aquí / 10€

Bedroom Community pódese traducir como cidade dormitorio, ese é o lugar polo que se moven os músicos do selo islandés, os arrabaldes da música contemporánea, do pop ao ambient, da clásica á experimentación.

http://www.myspace.com/bedroomcommunity


Vigo, xoves 17 de decembro de 2009, Salón SINSAL, MARCO. 20:30 h.
Entradas dispoñibles en taquilla antes do concerto / 12€

The Dodos son unha banda californiana que con tres álbumes publicados é unha das propostas de Weird Folk máis interesantes do panorama internacional. Time to die é o seu último traballo, á venda dende agosto e a confirmación da auténtica orixinalidade do dúo.

http://www.myspace.com/thedodos

Emilio José despois de sorprender á prensa especializada dende Apeiron e o seu "Todo sigue intacto", lánzase en solitario co disco máis estremeiro, heterodoxo e radical do ano no estado español.


A Coruña, venres e sábado 23 e 24 de outubro do 2009, Fundación Luís Seoane. Entrada gratuíta.

Ruído e Capitalismo: grupo de lectura e debate, entender e compartir o tempo xuntos. Venres 23 de outubro de 17:00 a 21:00.

Keith Rowe & Mattin desembarcan na Extensión SINSAL A Coruña na Fundación Luis Seoane o sábado 24 de outubro ás 21:30. O Colectivo coruñés Taumaturgia e SINSALaudio colaboran nunha fin de semana de música e reflexión.