O concerto de WAVVES e INDÓMITOS CANCELADO

O concerto de WAVVES e INDÓMITOS CANCELADO

Por motivos alleos ao Festival SINSAL, o concerto previsto para o dia 30 de Maio no Museo MARCO, queda cancelado por problemas da banda WAVVES.
Para a devolución das localidades poden poñerse en contacto no enderezo electrónico info@sinsalaudio.org ou no número de teléfono 635575665 .

Dende o Festival Sinsal e o Museo MARCO de Vigo pedímoslles disculpas polas molestias causadas. Como ten acontecido noutras ocasións, os organizadores tentarán programar un novo evento no futuro para completar a programación da Estación Verán.

Moitas grazas

Festival Sinsal