Le Petit Cirque: a paisaxe sonora da nosa infancia

Este teatro de obxectos sonoros, Le Petit Cirque fai evolucionar dúas lóxicas distintas que interfiren entre si: a estereotipada da imaxinería do circo, que modifica a percepción do tempo musical, e a dos sons, máis abstracta, que permite ver as situacións teatrais desde un novo ángulo. As traxectorias do azar e dos movementos perpetuos, que transforman a escritura e alimentan a improvisación, son captadas simultaneamente dende diferentes ángulos sonoros e interpretadas en conxunto. Sáltase dun punto de vista ao outro; miramos unha situación cos oídos, coa epiderme, con ideas e asociacións de ideas. A acción enriquece o son; o son altera a acción. Improvisación, azar dos mecanismos.

CONCERTO DO FESTIVAL ESPAZOS SONOROS: venres 15 e sábado 16 de Maio ...//.. Novo edificio do Museo de Pontevedra /// Le Petit Cirque >> Dobre sesión 12.00/20.00 horas