C93:. + James Blackshaw no Salón Teatro de Compostela

Lugar: Salón Teatro
Data: Sábado, 16 de maio e Domingo, 17 de maio
Hora: 22.00h
Entrada: 20 euros anticipada e 25 en billeteira

As entradas estarán á venda na billeteira do Salón Teatro dúas horas antes do concerto, e por anticipado na web de Caixa Galicia ou chamando ao número de teléfono 902 434 443.
Ao prezo das localidades aplícaselle un desconto do 40% para estudantes, xubilados, usuarios do carné xoven e desempregados.

C93:. David Tibet, John Balance de Coil e Fritz Haaman de 23Skidoo fundaron Current 93 en 1982. Porén, ao dereito de se editar o seu primeiro 12”, a formación converteuse no proxecto persoal do primeiro, ao tempo que Balance e Haaman preferían devorcarse nas súas respectivas bandas. Pasaron os anos e Current 93 seguiu a funcionar coma un círculo de colaboradores sempre cambiante, e sempre arredor de Tibet. Durante os xa vintecinco anos de carreira do grupo participaron, ben en disco ou en directo, artistas da magnitude de Cosey Fanni Tutti e Chris Carter (de Throbbing Gristle y Carter-Tutti), Michael Cashmore (Nature & Organisation), Joolie Wood, Björk, Steve Ignorant (Crass), Nick Cave, Rose McDowall (Strawberry Switchblade), Tiny Tim, Björk, Shirley Collins, Bill Fay, Andrew W.K. ou Rickie Lee Jones. En 1986, despois dunha estadía no Nepal, Current 93 grabou o seu primeiro álbum conceptual, In menstrual night, sobre a lúa, a menstruación e Xesucristo. Tibet bautizaba mentres o estilo experimental e acedo da banda coma “folk apocalíptico”. Axiña crearía un selo propio, Durtro, despois do cal a edición dos seus traballos había resultar máis doada; os primeiros discos da nova marca musical foron, curiosamente, orgánicos e acústicos: Thunder perfect mind e Of ruine or some blazing starre. Deseguido, o encontro con Michael Cashmore, un dos guitarristas máis talentosos e influíntes da actualidade, suscitaba un conxunto de traballos alucinados, claves na discografía de Current 93. A finais dos 90 apareceu a triloxía The Inmost Light, que inclúe Where the Long Shadows Fal, All the Pretty Little Horses e The Starres Are Marching Home, e contén as teimas e mellores letras de David Tibet, xunta a convidados de luxo coma Nick Cave ou Shirley Collins. A partir de aquí, o enésimo punto de fuga. Current 93 volvía mutar grazas a dúas obras maestras: Soft Black Stars, tecido unicamente con voz e piano, e mais Sleep has his house, dedicado ao pai de Tibet, que se encarga da voz, completando desta volta a formación Michael Cashmore ao harmonio e Steven Stapleton con diversos sons. Máis persoais e reflexivos, estes dous álbums abandonaron o surrealismo cósmico e proclamaron o devezo de Davi por Cristo, polo artista Louis Wain, polo novo testamento grego, pola linguaxe copto, ou polo poeta homosexual e drogadito Count Stenbock. Black ships ate the sky, até hai pouco a última peza discográfica desta banda de culto, supúñalles un novo éxito e mesturaba diferentes interpretacións vogais para dar forma a un relato conceptual respecto do retorno do Anticristo e segundo advento de Xesús. Na que vai ser a súa segunda visita ao Estado español, desta vez conforme á entente C93:., este círculo aberto e libérrimo de músicos celebrará en Santiago de Compostela, durante unha fin de semana enteira, a edición de Aleph at hallucinatory mountain, que se agarda coma un dos seus traballos menos predecíbeis e máis potentes. Sobre o escenario, ademais de Tibet, estarán James Blackshaw (16 de maio), Baby Dee, Andrew Liles (17 de maio), Keith Wood e Alex Neilson. Todo un luxo telos por aquí.

www.durtro.com
www.jnanarecords.com
www.myspace.com/davidtibet
www.myspace.com/current93