MtW + Martina Schobersberger: entre a música antiga e o Jazz.

O ÓRGANO DA COMPAÑÍA REINVÉNTASE A RITMO DE JAZZ COA FORMACIÓN AUSTRIACA MtW E A ORGANISTA MARTINA SCHOBERSBERGER

A Vicerreitoría da USC trae un programa sorprendente que desenvolverase ao longo dos meses de marzo, maio e xuño con catro excepcionais concertos de balde.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2009.- O Órgano da Compañía, doutra maneira consolídase como un ciclo que investiga sobre as posibilidades dun instrumento con importantes recursos acústicos e expresivos. Desta forma o programa inaugurase o martes 31 de marzo con Entre tempos, un concerto da formación austriaca de jazz MtW xunto a recoñecida organista Martina Schobersberger. Unha singular mestura entre o jazz, o minimalismo e a música clásica, e unha oportunidade de asistir ao encontro entre o impoñente son do órgano da Compañía e a experimentación contemporánea.

Entre tempos >> Jazz no Órgano da Compañía

O grupo de jazz austríaco MtW interpreta composicións propias nun programa que mestura a música antiga e o jazz e no que se combinan o saxo, o violonchelo a guitarra o laúde e o contrabaixo, e experimenta con eles sons pouco comúns e sorprendentes.

Xunto a eles, o órgano da Compañía, da man da organista Martina Schobersberger porá o complemento acústico coa súa forte personalidade e variedade de recursos sonoros, transformándose nun instrumento tamén apto para interpretar músicas “doutra maneira”.

www.danieloman.com

www.thomasmandel.at

www.omanconsort.com