Clausura de Espazos Sonoros

Esta fin de semana clausúrase ESPAZOS SONOROS, o festival organizado pola Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.

Venres, 13 de xuño
Igrexa da Universidade (Santiago), 21.00h
DE BALDE ATÉ COMPLETAR AFORO
São Paulo Underground

Sábado, 14 de xuño
Museo do Coiro de Allariz (Ourense), 22.00h
DE BALDE ATÉ COMPLETAR AFORO
CONCERTO DE CLAUSURA DO FESTIVAL ESPAZOS SONOROS
São Paulo Underground
+ Volonté

Rob Mazurek, cornetista e laptopista de Chicago, e membro de Mandarine Movie, Isotope, Chicago Underground, Exploding Star Orchestra, agora residente en Brasil, emerxe cun novo proxecto a canda o músico brasileiro Mauricio Takara na programación e na batería, que tamén está detrás de Hurtmold e do seu propio proxecto M. Takara. Outra colaboración de luxo, con free jazz, dub e música brasileira pasadas polo filtro de novas sonoridades dixitais.

Mauricio Takara é un percusionista cunha densa traxectoria na escena brasileira e unha importante lista de colaboracións: Damo Suzuki, Cidadão Instigado, Nana Vasconcelos, Thomas Rohrer & Nacao Zumbi, etc. As súas actuacións cóntanse polos cinco continentes en festivais tan importantes como: Sónar (Barcelona), Roskilde (Dinamarca), Womex (Sevilla), Club Transmediale (Berlin), The World Socials Forum (India), etc. Rob Mazurek é compositor, artista sonoro e multimedia; improvisador, trompetista, pianista, pintor, video-realizador e colaborador de Tortoise, Stereolab, Jim O’Rourke, Pan American, Calexico etc. Os seus primeiros anos transcorreron en Chicago onde, ademais de gravar para o prestixioso selo Thrill Jockey, entre outros, fundou no ano 2005 The Exploding Star Orchestra, un encargo realizado ao artista por parte do Instituto de Jazz e o Centro Cultural de Chicago para estrear no Millennium Park do arquitecto Frank Gehry.

O resultado foi un monumental traballo de documentación e bo gusto inspirado, en palabras do propio Rob Mazurek, nalgúns dos nomes máis creativos do século XX: os compositores Erik Satie, Luc Ferrari ou György Ligeti. Con este e outros proxectos ten sido aclamado por críticos de Rolling Stone, The Wire, Chicago Tribune, NY Times, etc.

www.robmazurek.com | www.myspace.com/mtakara | www.aesthetics-usa.com
www.thrilljockey.com | www.taumaturgia.com | www.espazossonoros.org