espazos sonoros: a arquitectura invisible

Espazos únicos e sorprendentes para artistas moi especiais. Unha oportunidade como esta exixía unha nómina de músicos á altura das circunstancias, e SINSALaudio traballou nun programa no que estamos especialmente orgullosos.

Sen dúbida a calidade das propostas, como a selección dos lugares, vai facer deste ciclo Espazos Sonoros organizado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, un dos acontecementos máis singulares e atractivos de programación cultural galega.

Dentro do apartado "OUTROS SONS", un dos cinco ciclos no que se divide a programación -os outros catro son organo, musica vocal, cámara, antiga- temos unha lista de músicos de primeira liña internacional, onde, como acontece nas actividades nas que colabora SINSALaudio, conxugamos a calidade coa innovación. Folk, Jazz, Experimental, Fusión e Electrónica converxen, unha vez máis, na liña "editorial" do noso itinerario. Daquela, para os que saben o que SINSALaudio representa na programación musical galega e española, non lles sorprendera que o folk milenario de Huun Huur Tu estea presente no mesmo programa que a experimentación extrema de KTL -nada maís e nada menos que o proxecto conxunto de Stephen O’Malley (SunnO)))) e Peter Rehberg (PITA)- Porque SINSALaudio é asi: música desde o raiz do son.

BARBEZ (coa increíble Pamelia Kurstin ao Theremin), VALE TUDO, KTL (O´Malley + Pita), MIGUEL PRADO, HUUN HUUR TU, OS CARAMUXOS (grupo revelación folk galego) , SCORCH TRIO (Trío de ases con: Raoul Bjorkenheim/guitarra eléctrica; Ingebrigt Haker Flaten/baixo eléctrico e compoñente de Atomic e Paal Nilssen-Love/un dos baterías máis alucinantes do mundo e tamén compoñente de Atomic), RAFAEL MALLO, SAO PAULO UNDERGROUND (con Rob Mazurek na trompeta) e VOLONTÉ

Pero este ciclo é especial non só polas propostas musicais, senon porque por vez primeira os ESPAZOS SONOROS son as auténticas estrelas. Nada menos que localizacións apabullantes pola súa beleza e espectacularidade: Museo do Mar de Galicia en Vigo (mirando as Illas Cíes); Museo Do Coiro de Allariz (a dous metros dun fervenza que será un artista máis nos concertos); as impresionantes Ruinas de Santo Domingo de Pontevedra; a igrexa sen culto da Magdalena en Ribadavia; a tamén Igrexa da Universidade en Santiago de Compostela e o fermosísimo claustro do Museo Provincial de Lugo.