MARCO Sonoro 07

A partir do 21 de setembro, MARCO e SINSALaudio poñen en marcha un ciclo de concertos de grupos e artistas galegos durante catro venres consecutivos, baixo o título ‘MARCO sonoro’. Os concertos e actuacións teñen un denominador común e son reflexo do uso xeralizado das novas ferramentas da comunicación, e de Internet como ventana aberta ao mundo. Unha dispersión xeográfica e apertura musical que están propiciando un escenario de gran creatividade e variedade, algo impensable só uns anos atrás. Aínda queda moito que reivindicar, pero de momento xa non hai que ir a Nova York para escoitar a John Cage ou a Suicide.

PROGRAMA:

venres 21de setembro. Especial AC. Fase

20.30 Roberto Mallo (A Coruña) _experimental
A fascinación polos fenómenos da realimentación electrónica é o que caracteriza e constitúe o principal elemento da música de Roberto Mallo neste momento. Dende os seus comezos como guitarrista quedou prendado dos zumbidos e alaridos que se poden extraer frotando un cacho de madeira con pastillas cos elementos electrónicos que lle permiten producir o son.

21.15 Miguel Prado (A Coruña) _experimental
Enfoco a miña actividade no son que se sucede, e no contexto no que se difunde, non en teorías nin ideas premeditadas. Unha obsesión… inseparable da aprendizaxe do funcionamento das estruturas sonoras e da razón de improvisación.

venres 28 de setembro

20.20 Xesús Valle (Vigo) _performance electroacústica
Desde 2002 Xesús desenvolve os proxectos de audio Plumb and Plumber e Uveaele. Con Plumb and Plumber dedícase a criar “collages electroacústicas” a partir de todo tipo de fontes sonoras (discografia: “Come early go late”, “Organic feedback” e “Live set alga á superficie”) e con Uveaele intervén e manipula espazos sonoros (discografia: “o forno das formulacións”).

21.00 Franc3s (A Coruña/Lugo) _rock contemporáneo
Art Rock gallego periférico da nova xeneración webblog . Xóvenes músicos que grazas ás ferramentas dixitais de comunicación poden moverse pola rede: promocionar a música e recopilar as súas influencias. Internet rachou as barreiras da información e na actualidade xa non fai falla viaxar a Nova Iork para ver a Suicide.

venres 5 de outubro

20.15 Mequetrefe (Lugo) _rock contemporáneo
Xan Molina Quiroga como así se chama mequetrefe, intenta facer un rock diferente, que se escapa dos clichés do mundo indie-alternativo donde predominan tantos clons. As cancións deste Fonsagradino sempre sorprenden, sábese como empezan pero nunca como acaban, como a vida mesma.Benvidos ó son mequetrefe.

20.50 Apenino (Santiago/Vigo) _pop electrónico
Marco Maril, o protagonista deste proxecto, é un dos grandes representantes do pop electrónico español e presentará no Museo MARCO o seu segundo disco para Jabalina, soamentes unhas semanas antes de marchar a tocar en China onde foi convidado por un festival.

21.30 Les Telephones Rouges (O Grove) _rock contemporáneo
Un gato aplastado por un 2 cabalos oxidado de innumerabeis tendencias a autodestrucción. Ruido multiplicado, berros descarados e tolerías varias. Alterado, improvisado, nocturno. Si. Bofetada de cadáver exquisito.

venres 12 de outubro. CONCERTO CLAUSURA. Especial Alg-a + Binaural

20.10 Durán Vázquez (Vigo) _electrónica
Este xoven vigués é o mellor alquimista analóxico que ten saído da xeneración electrónica galega .O seu traballo é puro ruido artesán e é dos poucos artistas galegos que conta con actuacións en festivais tan importantes como Sonar e Lem.

20.40 AC: Cecilia Blanco e Estela Ballesteros (Vigo) _contemporánea
En AC cabe todo tipo de representación que axude a comprender a actitude musical xurdida no século XX. Podemos abandonar o desexo de controlar o son, limpar de música a nosa mente, e dedicarnos ao descubrimento de medios para permitir que os sons sexan eles mesmos.

21.10 Manuela Barile e Rui Costa (Italia/Portugal)_performance_electrónica

Manuela Barile explora a voz en todas as súas expresións musicais e faladas, empregando técnicas orientais e occidentais, así como outras da súa propia invención inspiradas nos sons da natureza, animales e "paralinguaxe", significando todas as non verbais expresións que rodean a linguaxe común. Manuela non emprega manipulacións electrónicas.
A expresión artística de Rui Costa focalízase na creación de texturas sonoras intrincadas a través de técnicas de manipulación computacional de sons e utilizando gravacións de campo e sampling ó vivo de instrumentos acústicos.

21.45Madamme Cell (Vigo) _contemporánea
Este proxecto de Madamme Cell fundaméntase en improvisacións sobre pequenos obxetos ou “células” sonoras compostas ou deseñadas previamente no piano. Nos concertos ou audioperformances, o proceso resultante é unha sorte de deconstrucción “analóxica” dalgunhas desas células, que sendo sonoras poden ter un carácter ou intención visual, xestural ou máis estrictamente musical.