SINSALAUDIO / Actualidade

Sinsal é Normal: derradeira semana de programación

19 de Novembro de 2012

_Luns 19. 20.30 h.

ESPAZO LABORATORIO: laboratorio de Fotografía + Miguel Prado

A actuación de Miguel Prado pecha a xeira do ESPAZO LABORATORIO, nunha nova experiencia musical acompañada do positivado en vivo de vellas fotografías.

_Mércores 21. 19.30 h.

ESPAZO ESCRITORIO: Daniel Salgado + Xurxo Souto

Cunha conversa sobre A literatura na música galega, Daniel Salgado e Xurxo Souto pechan a cuarta e última sesión do ESPAZO ESCRITORIO.

_Xoves 22. 20.30 h.

ESPAZO PERFORMANCE: ‘(Retro)visor’, de Antía Otero e Isaac Garabatos

(Retro)visor parte da feble liña que separa o real da ficción e faise poema escénico tomando a palabra, a música, a acción e a gravación en directo dunha road movie en plano secuencia. Antía Otero e Isaac Garabatos clausuran o ESPAZO PERFORMANCE.