SINSALAUDIO / Actualidade

RUÍDO DE FONDO

7 de Decembro de 2011

CLIENTE: CIDADE DA CULTURA. XUNTA DE GALICIA
FECHA: JUNIO-DICIEMBRE 2011
COMISARIADO: SINSALAUDIO
CONCEPTO: Ciclo de conciertos y actividades sonoras con los artistas invitados. 
ARTISTAS INVITADOS: Hayvanlar Alemi, No Age, Emeralds, Doravideo, Ulver, Alyce Santoro (Trajes Sonoros de Galicia).


“Ruido de Fondo” es un espacio abierto al arte, y al ocio, a la educación y a la industria. Un espacio vivo, interdisciplinar, experimental, donde el sonido, en sus más variadas expresiones y combinaciones, se presenta como elemento diferenciador.

Como campo amorfo, indefinido y propicio para interactuar con otras disciplinas plásticas, el Arte Sonoro ofrece enormes posibilidades expresivas y se presenta como uno de los terrenos más propicios para la experimentación artística y para la investigación en las relaciones del ser humano con su entorno.

Así, las tipologías del Arte Sonoro pueden sucederse de forma autónoma o bien ligadas a otros soportes: desde instalaciones a esculturas sonoras, pasando por los ready-mades o las performances, hasta la radio, el vídeo, la poesía y, por supuesto, la música.


A Cidade da Cultura programa Ruído de Fondo, un ciclo dedicado a explorar as posibilidades creativas da Arte Sonora e que está comisariado por SINSALaudio

A través de concertos, performances, esculturas sonoras, ready-mades, conferencias ou talleres, o ciclo propiciará unha reflexión acerca da importancia do son na sociedade e traerá ao Gaiás a algunhas das bandas independentes máis recoñecidas do panorama internacional, como os turcos Hayvanlar Alemi ou os californianos No Age. Tamén haberá artistas que son unha referencia no mundo da experimentación musical, como a norteamericana Alyce Santoro, que levará a cabo un proxecto en colaboración con deseñadores galegos.

 


A galería subterránea da Cidade da Cultura acollerá o concerto da banda norueguesa de metal experimental ‘Ulver’

‘Ulver’ fará un repaso polas case dúas décadas de historia, nas que evolucionaron do black metal ata a experimentación con música sinfónica, rock progresivo e os ritmos do novo soul electrónico.

O concerto terá lugar ás 20,30 horas na Galería de servizos subterránea da Cidade da Cultura que, máis alá da súa función práctica de comunicación dos edificios do Gaiás, estréase como escenario en sintonía coa estética da banda

O concerto de Ulver vén a complementar o programa de “Ruído de Fondo”, ciclo dedicado á arte sonora que trouxo ata a Cidade da Cultura a grupos tan relevantes como New Age, Emeralds ou Doravideo. “Ruído de Fondo” contará en decembro cunha clausura de luxo a cargo da artista Alyce Santoro, que o día 14 impartirá un obradoiro de paisaxes sonoras e presentará un traxe sonoro confeccionado co material enviado por músicos e deseñadores galegos.


O traxe sonoro de Alyce Santoro

Outro dos artistas invitados ao ciclo é a norteamericana Alyce Santoro, un dos referentes no campo que se coñece como “moda de tecidos intelixentes”. Santoro levará a cabo un proxecto en colaboración con deseñadores e músicos galegos: a confección dun traxe sonoro.

Esta artista fabrica unha tea coñecida como sonic fabric, confeccionada con algodón e coa fita magnética de casetes e que ten a particularidade de que é audible: pódese escoitar pasando o cabezal dun radiocasete por riba. Normalmente para facer esta tela, a artista recolle casetes de todo o mundo. Neste caso lanza unha invitación a todos os galegos que queiran participar para que lle envíen os seus arquivos sonoros en formato dixital a unha dirección de correo electrónico: ruidodefondo@cidadedacultura.org.

Cos arquivos que reciba desde hoxe e ata o 31 de xullo gravará unha casete a partir da que elaborará a tea en bruto. Despois entregará este material a deseñadores galegos que serán os encargados de fabricar as prendas de roupa. Estas prendas serán presentadas en decembro nun espectáculo multidisciplinar de danza e performance na Cidade da Cultura.