SINSALAUDIO / Actualidade

Foro Creativa das Industrias Culturais

9 de Decembro de 2009

Baixo o título de CREATIVA, a Axencia Galega das Industrias Culturais da Consellería de Cultura e Turismo e a Direccão Regional de Cultura do Norte do Ministerio de Cultura portugués organizan conxuntamente este FORO DAS INDUSTRIAS CULTU RAIS, un encontro multilateral e interdisciplinar entre empresas, creadores e artistas de distintos ámbitos do sector da cultura e das dúas procedencias xeográficas. A música, a escena, o libro como produto gráfico e a produción audiovisual son os grandes eixos, tanto industriais como artísticos, que vertebran cada unha das actividades desta iniciativa, materializada a través dos distintos modelos de conferencias, mesas redondas e reunións propostas. Será tamén un momen-
to idóneo para a mostra de diversos espectáculos de teatro, danza e concertos, algúns deles producidos expresamente para a ocasión, que virán a complementar o programa coa incorporación do público xeral á parte máis lúdica do evento. Todos os axentes profesionais que se sitúan nas industrias culturais actuais teñen así, ao seu dispor, unha oportunidade histórica para
a exposición, o coñecemento, a reflexión e o debate. A necesidade do intercambio e a cooperación transnacional son os principais activos que presiden todo o plan de traballo de CREATIVA, do mesmo xeito que a premi-
sa de partida é a consideración da cultura como factor básico de desenvolvemento territorial e económico. A cidade de Vigo acollerá, en múltiples espazos, esta primeira entrega de CREATIVA. Co financiamento a cargo dos fondos FEDER da UE, pertencente ao Programa Europeo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal, o proxecto avanzará nos vindeiros meses na súa efectividade integradora e de creación de sinerxías de traballo común mediante a publicación dixital dunha guía de recursos culturais e dunha axenda de actos culturais, así como a través dunha longa
serie de accións concretas nas poboacións asentadas a ambas beiras do Miño até finais de 2010.

AGADIC
Axencia Galega das Industrias Culturais
Rúa da Vesada s/n, San Lázaro
15703 Santiago de Compostela
Telefono: 981 577 126 / 981 577 128
Fax: 981 577 127
agadic@xunta.es